Renault 5
Renault 5 | |
---|---|
Tipo | Automóbil de turismo |
Marca | Renault |
Fabricante | Renault |
Matriz | Renault |
País | Francia |
Período | ╴1996 |
Montaxe | Billancourt, Francia Valladolid, Castela e León Mariara, Venezuela Teherán, Irán Ciudad Sahagún, México Novo Mesto, Eslovenia |
Configuración | |
Segmento | Segmento B |
Carrozaría | Hatchback de 3 e 5 portas |
Configuración | Motor dianteiro lonxitudinal central / tracción dianteira |
Dimensións | |
Lonxitude | 3500 mm |
Anchura | 1500 mm |
Altura | 1400 mm |
Peso | A partir de 730 kg |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Renault 5 é un automóbil compacto da marca francesa Renault que se comercializou dende 1972 ata 1996. Fabricado en España na factoría que Renault ten na provincia de Valladolid, o modelo tivo un grande éxito no mercado español así como en moitos outros países.
Primeira xeración: 1972 - 1985
[editar | editar a fonte]Foi a primeira incursión de Renault no mercado dos utilitarios pequenos, cun vehículo de tres portas sinxelo e de liña elegante.
Montaba motores de entre 850 e 1400 cc, cunha mecánica simple compartida con outros modelos da marca. A suspensión era por barras de torsión.
No 1977 lanzouse a versión GTL, máis equipada e en 1979 a carrozaría de 5 portas. No 1981 sufriu unha reestilización interior mellorando a contorna notablemente.
Tamén existiron varias versións deportivas denominadas Alpine (1981), externamente moi similares ós modelos inferiores e con 93 CV; Copa, homólogos dos Alpine para o mercado español; e as versións Turbo 1 (1980) e Turbo 2 (1982), modelos especiais orientados á competición de produción moi limitada, co motor en posición central, e a carrozaría notablemente ensanchada e alixeirada.
Segunda xeración: 1985 - 1996
[editar | editar a fonte]O modelo da segunda xeración, denominado comercialmente como Supercinco, apareceu en 1985 cunha carrozaría totalmente nova, aínda que conservando as liñas mestras do Renault 5 orixinal, novas motorizacións e suspensións MacPherson.
Posteriormente apareceu a versión deportiva GT Turbo con 115 CV na súa fase inicial e 120 CV posteriormente.
Foi comercializado ata 1996 e substituído polo Renault Clio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Renault 5.net - Información sobre o Renault 5.