República Democrática de Azerbaidján
Himno | Azərbaycan marşı | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Gəncə (1918–1918) Bakú (1918–1920) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.862.000 (1920) | ||||
Lingua oficial | Lingua azerí | ||||
Relixión | Islam | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de maio de 1918 | ||||
Disolución | 28 de abril de 1920 | ||||
Sucedido por | República Socialista Soviética de Azerbaidján | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
Moeda | Manat azerí | ||||
A República Democrática de Azerbaidján (en azerí: Azərbaycan Xalq Cümhuriyyəti) foi o primeiro intento exitoso de estabelecer unha república democrática e secular no mundo musulmán (anterior á República de Turquía).[1] A República Democrática de Azerbaidján foi fundada o 28 de maio de 1918, despois do colapso do Imperio Ruso, que comezou coa Revolución Rusa de 1917 polo Consello Nacional de Azerbaidján en Tiflis.[2] Os seus límites foron estabelecidos con Rusia ó norte, a República Democrática de Xeorxia, no noroeste, e a República Democrática de Armenia, ao oeste, e Persia, no sur. Posuía unha poboación de 2 millóns de persoas.[3] Ganja foi a capital provisional da República, Bakú estivo baixo control bolxevique ata 1919.
A independencia declarouse o 28 de maio de 1918 en Tiflis polo Consello Nacional Azerbaidján. A República só existiu 23 meses pois o 27 de abril de 1920, o XI Exército Vermello entrou en Bakú e a República Democrática de Azerbaidján caeu sendo proclamada a República Socialista Soviética de Azerbaidján.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Baixo a República Democrática de Azerbaidján, un sistema de goberno foi desenvolvido no que o Parlamento elixido en función de representación universal, libre e proporcional, foi o órgano supremo da autoridade do Estado e do Consello de Ministros responsables ante el. Fatal Khan Khoyski tornouse o seu primeiro ministro.[4] Alén da maioría de Musavat, Ehrar, Ittihad, os musulmáns socialdemócratas, así como representantes dos armenios (21 dos 120 lugares [2]), rusos, polacos, minorías xudías e alemáns [5] gañaron asentos no parlamento. Algúns membros apoiaban o panislamismo e ideas do panturquismo.[6]
Entre as importantes obras do Parlamento están a extensión do sufraxio para as mulleres, facendo que Azerbaidján fose a primeira nación musulmá a conceder ás mulleres dereitos políticos iguais aos homes.[2] Neste feito, Azerbaidján tamén precedeu ó Reino Unido e ós Estados Unidos. Outro fito importante da República Democrática de Azerbaidján foi a creación da Universidade Estatal de Bakú, que foi a primeira universidade de tipo moderno fundada en Azerbaidján.
Tendo estabelecido un goberno estable, a República Democrática de Azerbaidján decidiu ter unha postura máis neutral fronte a guerra civil rusa e en 16 de xuño de 1916 asinou un tratado de defensa colectiva con Xeorxia contra o Exército Branco do xeneral Anton Denikin, que á súa vez, asinara un pacto militar con Armenia; logo, Armenia, iniciou unha guerra contra a República Democrática de Azerbaidján, para conquistar a rexión de Karabakh. Porén, a derrota de Denikin contra o Exército Vermello impediu a realización do plan de Armenia de por fin á guerra contra a República Democrática de Azerbaidján, poucos días antes da intervención do Exército Vermello en Azerbaidján. Ademais, a República enfrontouse moi rapidamente coa ameaza dos socialistas rusos. Rusia decidiu ocupar o territorio de Azerbaidján que deixara á súa sorte despois da Revolución de 1917. Finalmente, o exército ruso achegouse á fronteira da República e desmobilización do exército de Azerbaidján e permitiu que as tropas rusas ameazasen o país. A República Democrática de Azerbaidján estaba nunha situación difícil. As forzas de Denikin, o Exército Branco estaba achegándose cada vez máis ás fronteiras e que non pode contar coa axuda de Irán, que non quería un país independente, rico en petróleo nas súas veciñanzas e do Exército británico comandado polo Xeneral Thomson é indiferente o destino do país.
O 28 de abril de 1918, a República Democrática de Azerbaidján foi ocupada polas forzas tsarista e perde a súa independencia. En 1920, o país é ocupado polo Exército Vermello e incorporado en 1922 a República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica no seo da Unión Soviética e en 1936 e tornouse unha República Socialista Soviética de Azerbaidján.
Mapas
[editar | editar a fonte]-
Mapa do Tratado de Sèvres amosando a República de Azerbaidján.
-
Mapa da primeira República Democrática de Azerbaidján e os territorios reivindicados
-
Un mapa comparativo mostrando as divisións administrativas da República Democrática de Azerbaidján (1918-1920) e moderna República de Azerbaidján.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tadeusz Swietochowski. Russia and Azerbaijan: A Borderland in Transition. Columbia University Press, 1995. ISBN 0-231-07068-3, 9780231070683 and Reinhard Schulze. A Modern History of the Islamic World. I.B.Tauris, 2000. ISBN 1-86064-822-3, 9781860648229.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Kazemzadeh, Firuz (1951). The Struggle for Transcaucasia: 1917-1921. The New York Philosophical Library. pp. 124, 222, 229, 269–270. ISBN 0-8305-0076-6.
- ↑ Tadeusz Swietochowski. Russian Azerbaijan, 1905-1920: The Shaping of a National Identity in a Muslim Community. Cambridge University Press, 2004, p. 129. ISBN 0-521-52245-5
- ↑ La Chesnais, Pierre Georget (1921). Les peuples de la Transcaucasie pendant la guerre et devant la paix. Éditions Bossard. pp. 108–110.
- ↑ "Azerbaijan:History". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2007. Consultado o 28 de novembro de 2011.
- ↑ Musavat Party (Azerbaijan)
Pan-Turkism: From Irrendentism to Coopersation by Jacob M. Landau P.55
On the Religious Frontier: Tsarist Russia and Islam in the Caucasus by Firouzeh Mostashari P. 144
Ethnic Nationalism and the Fall of Empires by Aviel Roshwald, page 100
Disaster and Development: The politics of Humanitarian Aid by Neil Middleton and Phil O'keefe P. 132
The Armenian-Azerbaijan Conflict: Causes and Implications by Michael P. Croissant P. 14