Checoslovaquia
Československo (cs) Česko-Slovensko (sk) ![]() | |||||
Himno | Czechoslovak anthem (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Truth prevails (en) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Praga ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.700.000 (1992) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua checa lingua eslovaca ![]() | ||||
Relixión | catolicismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 127.900 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Gerlachovsky Stit (2.654,4 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | República Popular de Polonia Alemaña do Oeste Hungría (1918–1992) Alemaña (1918–1992) Polonia (1918–1992) Romanía (1919–1938) Austria (1919–1992) Unión Soviética (1945–1991) República Democrática Alemá (1949–1990) Unión Europea (1957–1992) Ucraína (1991–1992) ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de outubro de 1918 ![]() | ||||
Disolución | 31 de decembro de 1992 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república ![]() | ||||
• Xefe de estado | Tomás Masaryk (1918–1935) Edvard Beneš (pt) ![]() Emil Hácha (pt) ![]() Edvard Beneš (pt) ![]() Klement Gottwald (pt) ![]() Antonín Zápotocký (pt) ![]() Antonín Novotný (pt) ![]() Ludvík Svoboda (pt) ![]() Gustáv Husák (pt) ![]() Václav Havel (1989–1992) ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Czechoslovakia (en) ![]() ![]() | ||||
• Xefe do goberno | Karel Kramář (pt) ![]() Vlastimil Tusar (pt) ![]() Jan Černý (pt) ![]() Edvard Beneš (pt) ![]() Antonín Švehla (pt) ![]() Jan Černý (pt) ![]() Antonín Švehla (pt) ![]() František Udržal (pt) ![]() Jan Malypetr (pt) ![]() Milan Hodža (pt) ![]() Jan Syrový (pt) ![]() Rudolf Beran (en) ![]() Jan Šrámek (pt) ![]() Zdeněk Fierlinger (pt) ![]() Klement Gottwald (pt) ![]() Antonín Zápotocký (pt) ![]() Viliam Široký (pt) ![]() Jozef Lenárt (pt) ![]() Oldřich Černík (pt) ![]() Lubomír Štrougal (pt) ![]() Ladislav Adamec (1988–1989) Marián Čalfa (pt) ![]() Jan Stráský (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Revolutionary National Assembly of Czechoslovakia (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Liga das Nacións (1919–1946) Unión Internacional de Telecomunicacións (1920–) ONU (1945–1992) Consello de Axuda Mutua Económica (1949–1991) Pacto de Varsovia (1955–1991) ![]() | ||||
Moeda | Coroa checoslovaca ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cs ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +42 ![]() | ||||
Código de país | sen valor e CS ![]() | ||||
![]() |
Checoslovaquia (en checo e eslovaco: Československo ou Česko-Slovensko) foi un estado fundado trala fin da primeira guerra mundial e a desmembración do Imperio Austrohúngaro, do cal formaba parte o Reino de Bohemia, no Tratado de Versalles. Durou dende 1919 ata 1993, e comprendía ás actuais República Checa e Eslovaquia. En 1938, Chequia pasou a fomar parte do Terceiro Reich co nome de Bohemia e Eslovaquia continuou a ser independente cun goberno pro-nazi.
Historia[editar | editar a fonte]
O estado creouse en 1919. En 1938 convertese en zona de influencia do Terceiro Reich tralos acordos de Múnic. En 1945 foi liberado polas tropas rusas, e en 1947 caeu baixo influencia soviética. En 1968 tivo lugar a Primavera de Praga.
República Federal Checa e Eslovaca (1990-1992)[editar | editar a fonte]
Adopción do nome[editar | editar a fonte]
A diferenza do que sucedeu en Iugoslavia e a Unión Soviética, a caída do comunismo neste país non significou o final da unión: A raíz da Revolución de Veludo, o recentemente elixido presidente Vaclav Havel anunciou que a palabra "socialista", que fora parte do nome oficial de Checoslovaquia desde 1960, debía ser eliminada do nome e substituída por "federal".
Aínda que o nome obvio que debía adoptarse presumía ser o de antes de 1960, Československá republika (República Checoslovaca), os políticos eslovacos obxetaron que o nome tradicional subsumía demasiado a Eslovaquia. O primeiro compromiso foi a Lei Orgánica 81/1990, que recoñeceu a natureza do estado de forma explícita como Československá federativní republika (República Federal Checoslovaca) en checo e foi aprobada o 29 de marzo de 1990 (entrando en vigor o mesmo día) só logo de acordar que a forma eslovaca para Česko-slovenská federatívna republika debería ser codificada de forma explícita por unha futura lei sobre os símbolos estatais. Isto foi recibido con desaprobación xeral; o compromiso resultante logo das negociacións foi Česká a Slovenská Federativní/Federatívna Republika (República Federal Checa e Eslovaca) (Lei Constitucional 101/1990, aprobada o 20 de abril e en vigor desde a súa declaración o 23 de abril, a diferenza da anterior, tamén explicitamente na lista tanto en checo e a versión eslovaca e afirmou que son iguais).
Disolución[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Disolución de Checoslovaquia.
A cuestión nacional, con todo, non atopou acomodo baixo a nova arquitectura da República Federal Checa e Eslovaca, na que se pretendeu dar carta de natureza á nacionalidade eslovaca en pé de igualdade coa checa. As reivindicacións autonomistas pronto deixaron paso, ao longo dos anos 1990 e 1991, ás propostas independentistas. De calquera modo, o proceso de disgregación da República transcorreu por camiños difíciles, pero sempre pola vía da negociación e o diálogo. De feito, o propio Havel declaraba nunha entrevista para Radio Viena o 16 de abril de 1991 que se o pobo eslovaco quere vivir nun Estado independente, nin os checos nin eu negarémoslles o dereito a facelo.
Na primavera deste último ano, esta cuestión estivo no centro da crise do Goberno eslovaco e do propio Movemento Público Contra a Violencia, que se escindiría nun grupo liderado por Vladimir Meciar, fundando a plataforma chamada Movemento para unha Eslovaquia Democrática (HZDS). Esta forza política accedeu ao goberno eslovaco nas eleccións de xuño de 1992 e iniciou negociacións co goberno checo para a partición da República Federal. Václav Havel dimitiu do seu posto en xullo e a partición foi aprobada pola Asemblea Federal o 25 de novembro de 1992. O 1 de xaneiro de 1993 Checoslovaquia foi disolta pacificamente polo Parlamento, formando dous países completamente independentes: a República Checa e a República Eslovaca.
-
Checoslovaquia en 1928
-
Checoslovaquia en 1969
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Checoslovaquia |
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |