Saltar ao contido

República Socialista Soviética de Kazakhstán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública Socialista Soviética de Kazakhstán
Қазақ Советтік Социалистік Республикасы (kk) Editar o valor en Wikidata

HimnoHimno da República Socialista Soviética de Kazakhstán Editar o valor en Wikidata

Lema«Proletarios de todos os países» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°N 68°L / 48, 68
Estado históricoUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
CapitalAlmati Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación16.711.000 Editar o valor en Wikidata (6,15 hab./km²)
Lingua oficialLingua kazaka
lingua rusa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2.717.300 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación5 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Disolución9 de outubro de 1991 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porKazakhstán Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública soviética Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoSoviet Supremo da República Socialista Soviética de Kazakhstán , Editar o valor en Wikidata
MoedaRublo soviético Editar o valor en Wikidata

A República Socialista Soviética de Kazakhstán (en kazako: Қазақ Советтік Социалистік Республикасы), foi a segunda república en extensión das que formaron a Unión Soviética, na Asia central, e é hoxe en día o estado independente de Kazakhstán. Tiña unha superficie de 2.717.300 quilómetros cadrados (1,063,200 millas cadradas) e a súa capital era Alma-Ata.

Establecida o 26 de agosto de 1920, inicialmente foi unha república autónoma dentro da RSSF de Rusia. O 5 de decembro de 1936 volveuse unha república independente da URSS, chamada RSS de Kazakhstán. Durante os 50 e os 60 os cidadáns soviéticos foron urxidos a axudar a poboar as "Terras virxes" da RSS de Kazakhstán. O influxo dos inmigrantes (maioritariamente rusos, pero incluíndo algunhas minorías nacionais deportadas) favoreceron a mestura racial e permitiron que o número de kazakos fose inferior ó de non kazakos. Os outros grupos étnicos incluían ucraínos, alemáns, belarusos, coreanos, e outros; os alemáns no momento da independencia formaban sobre o 8% da poboación, a máis alta concentración de alemáns en toda a Unión Soviética. A independencia fixo que moitos destes novos habitantes emigrasen.

O 10 de decembro de 1991 a RSS de Kazakhstán foi renomeada "República de Kazakhstán" e seis días despois acadou a súa independencia.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A poboación nativa eran os kazakos (4.234.000 en 1970). En 1970, a república tiña un número apreciable de rusos (5.522.000) e ucraínos (933.000). Nas terras desérticas do norte de Kazakhstán, había tártaros (288.000), uzbekos (216.000), e belarusos (198.000).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]