Residencia "Joaquín Blume"
Residencia "Joaquín Blume" | |
---|---|
Vista parcial do edificio | |
Coordenadas | 40°26′23″N 3°44′04″O / 40.439722222222, -3.7344444444444 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Residencia "Joaquín Blume" de Madrid é unha residencia para deportistas adscrita ao Centro de Alto Rendemento da capital, do Consello Superior de Deportes do Ministerio de Cultura e Deporte de España. Está sítuada na Cidade Universitaria, na rúa Pintor el Greco, nº 1.[1]
Instalacións
[editar | editar a fonte]A residencia conta con 180 cuartos de uso individual completamente equipadas e catro cuartos adaptados para deportistas discapacitados. Ten, así mesmo, cuartos para monitores e amplas estancias para o servizo médico e a administración. Conta con todos os adiantos tecnolóxicos, e unha ampla variedade de servizos comúns. En total a residencia conta cunha superficie construída de máis de 12 000 m2 distribuída en seis plantas máis ático e garaxe.[1]
Esta residencia é unha das instalacións deportivas coas que conta o Ministerio de Cultura e Deporte.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Residencia "Joaquín Blume" Arquivado 22-08-2018 en Wayback Machine. na web do Ministerio de Cultura e Deporte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Centros de Alto Rendimiento. Na web do Ministerio de Cultura e Deporte.
- Resolución de 10 de enero de 2014, del Consejo Superior de Deportes, por la que se clasifican las instalaciones deportivas y los programas deportivos para el desarrollo del deporte de alto nivel y de competición Arquivado 20 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.. BOE del 23 de enero de 2014.