Resident Evil: Umbrella Chronicles
Resident Evil: Umbrella Chronicles | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Capcom |
Distribuidora(s) | Capcom |
Compositor(es) | Masafumi Takada |
Lanzamento | 13 de novembro de 2007 |
Xénero | shoot 'em up |
Modos de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI ![]() CERO ![]() |
Plataforma(s) | Wii e PlayStation 3 |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Resident Evil: Umbrella Chronicles é un videoxogo de pistola pertencente á serie Resident Evil, producido por Capcom e lanzado en novembro de 2007 para Nintendo Wii. Inclúe diversos escenarios presentes noutras entregas da serie: Resident Evil 0, Resident Evil e Resident Evil 3.
Estilo de xogo
[editar | editar a fonte]Trátase dun videoxogo de pistola sobre raís. É dicir, o xogador non move á personaxe, senón que esta ten unha ruta fixa executada pola videoconsola. O obxectivo é disparar e eliminar os inimigos de cada pantalla dentro dun límite de tempo. O control está adaptado aos mandos de Wii, podendo empregar o Wiimote ou o Wii Zapper. A medida que avanza a historia, o xogador gaña melloras para o armamento e pode descubrir documentos relativos a Umbrella, a corporación ficticia presente en toda a serie.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Umbrella Chronicles narra feitos acontecidos noutras entregas de Resident Evil: Resident Evil 0, Resident Evil e Resident Evil 3. Cada escenario presenta unha serie de inimigos distintivos e unha parella de personaxes propia: Rebecca Chambers e Billy Coen nas pantallas de Resident Evil 0, Jill Valentine e Ricardo Olivera nas de Resident Evil 3, por último, Chris Redfield e de novo Jill Valentine nas pantallas de Resident Evil.
Multixogador
[editar | editar a fonte]O xogo consta dun multixogador cooperativo para dúas persoas, cada unha cun punteiro para disparar. Carece de multixogador en liña.
Recepción e crítica
[editar | editar a fonte]A prensa especializada acolleuno con boas notas, acadando un 75 en Metacritic[1]. IGN outorgoulle un 79 [2], mentres que GameSpy concedeulle un 70 [3].
Vendas
[editar | editar a fonte]Capcom logrou vender 1,34 millóns de unidades desta entrega[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2010. Consultado o 04 de abril de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 04 de abril de 2010.
- ↑ http://wii.gamespy.com/wii/resident-evil-wii/836669p1.html
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=6971