Resident Evil 0
Resident Evil 0 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Capcom |
Distribuidora(s) | Capcom |
Deseñador(es) | Hideki Kamiya |
Lanzamento | 12 de novembro de 2002, 21 de maio de 2019, 19 de xaneiro de 2016, 10 de xullo de 2008 e 19 de xaneiro de 2016 |
Xénero | survival horror |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Wii, GameCube, PlayStation 3, Microsoft Windows, PlayStation 4, Nintendo Switch, Xbox One e Xbox 360 |
Na rede | |
https://www.residentevil.com/0/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Resident Evil 0 é un videoxogo pertencente á serie Resident Evil, producido por Capcom e lanzado para GameCube e Nintendo Wii en 2002 e 2009 respectivamente. Cronoloxicamente, os feitos acontecen antes do Resident Evil orixinal.
Historia
[editar | editar a fonte]En xullo de 1998 aparecen unha serie de cadáveres nas aforas de Raccoon City, cheos de dentadas e malforacións. Ante a alarma social xerada, o corpo de policía de Raccoon envía a un grupo de forzas especiais, o pelotón Bravo dos S.T.A.R.S. Inmediatamente diríxense ás aforas, a un bosque preto da cidade. Durante o voo, o helicóptero resulta danado e ten que realizar unha aterraxe de emerxencia. Os membros de S.T.A.R.S atopan neste bosque un vehículo da policia militar estadounidense accidentado e dentro dous cadáveres. Tamén hai uns documentos dun preso condenado á morte que era transportado a unha prisión para a súa execución.
O xogador toma a continuación o control de Rebecca Chambers, quen atopa no medio do bosque un tren detido, o Ecliptic Express. Entra nel e descobre que os pasaxeiros son hostís e pretenden atacala. Aquí será onde coñeza ao preso que escapara, Billy Coen. Ambos deciden fuxir xuntos daquel inferno.
Mentres buscan a maneira de escapar, atravesan un centro de formación de Umbrella e unha fábrica da mesma compañía. Descobren ademais, que esta farmacéutica é a responsable da creación do virus responsable das mutacións dos pasaxeiros do tren e outras criaturas. Por outra banda, a liberación do virus foi provocada polo doutor James Marcus, antigo empregado de Umbrella, que fora, aparentemente, asasinado por orde dos estamentos superiores desta compañía.
Ao final do xogo, Rebecca e Billy sepáranse. A membro dos S.T.A.R.S diríxese á mansión Spencer, onde ocorren os feitos contados no primeiro Resident Evil.
Xogabilidade
[editar | editar a fonte]Segue a mesma xogabilidade dos seus predecesores: uso de cámaras fixas, punto de vista en terceira persoa... Os escenarios están modelados co mesmo estilo cos outros xogos.
Crítica
[editar | editar a fonte]Ao igual cós seus predecesores recibiu boas notas por parte da prensa especializada, acadando un 83 en metacritic [1].
Vendas
[editar | editar a fonte]En todo o mundo vendeu case un millón e medio de exemplares [2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2009.
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4158®ion=All