Saltar ao contido

Revolver (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Revolver
Álbum de The Beatles
Publicado5 de agosto de 1966
Gravación6 de abril - 21 de xuño de 1966
Estudio(s)EMI Studios, Londres
Duración35:01
Xénero(s)rock psicodélico
Selo(s)Parlophone (UK), Capitol (US)
ProdutorGeorge Martin
Cronoloxía
Rubber Soul Revolver Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band
Na rede
Spotify: 3PRoXYsngSwjEQWR5PsHWR Discogs: 45284 Allmusic: mw0000189174 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Revolver é o sétimo álbum da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 5 de agosto de 1966 a través do selo Parlophone. Moitos dos temas que aparecen en Revolver teñen un son con guitarras máis roqueiras, que contrasta co seu anterior traballo, o folk rock Rubber Soul (1965). No Reino Unido, as catorce cancións do disco foron publicadas para as emisoras de radio ao longo do mes de xullo de 1966.

Acadou o número 1 tanto nas listas británicas como estadounidenses, posto que ocupou sete e seis semanas respectivamente. Foi colocado no primeiro lugar da lista dos "1000 mellores álbum de todos os tempos" e no número 3 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1].

Portada e título

[editar | editar a fonte]

A ilustración da portada foi creada polo baixista e artista Klaus Voormann, un dos máis vellos amigos dos Beatles dos seus días no Star Club en Hamburgo. O deseño de Voormann, en parte debuxo de liñas e en parte collage, incluía fotografías de Robert Whitaker, que tamén tomou as fotografías da contraportada e outras imaxes do grupo entre 1964 e 1966, como a famosa "butcher cover" (portada sanguinaria) de Yesterday and Today. A propia fotografía de Voormann, así como o seu nome (Klaus O. W. Voormann) aparece no medio do peo de Harrison no lado dereito da portada. A portada de Revolver que aparece no seu traballo para Anthology 3, substituíu esta imaxe por unha fotografía máis recente. A imaxe de Harrison pode verse novamente no seu sinxelo "When We Was Fab" xunto cunha versión actualizada da mesma.

O título "Revolver", ao igual que o de "Rubber Soul", é un xogo de palabras, referíndose tanto ao tipo de arma como ao movemento xiratorio ("revolving" en inglés) dun disco ao reproducirse. Segundo Barry Miles, no seu libro Paul McCartney: Many Years from Now, o título que orixinalmente querían era Abracadabra, ata que descubriron que outra banda xa o usara. Despois diso, as opinións dividíronse: Lennon quería chamalo Four Sides of the Eternal Triangle e Starr bromeando suxeríu After Geography, xogando co recentemente editado álbum dos Rolling Stones Aftermath. Outras suxestións foron Magic Circles, Beatles on Safari, Pendulum, e, finalmente, Revolver, que polo seu xogo de palabras foi o único que agradou aos catro. O título foi escollido mentres a banda estaba de xira no Xapón entre xuño e xullo de 1966.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Lennon–McCartney, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Taxman" (George Harrison)Harrison 2:39
2. "Eleanor Rigby"  McCartney 2:08
3. "I'm Only Sleeping"  Lennon 3:02
4. "Love You To" (Harrison)Harrison 3:01
5. "Here, There and Everywhere"  McCartney 2:26
6. "Yellow Submarine"  Starr 2:40
7. "She Said She Said"  Lennon 2:37
Cara 2
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Good Day Sunshine"  McCartney 2:10
2. "And Your Bird Can Sing"  Lennon 2:02
3. "For No One"  McCartney 2:01
4. "Doctor Robert"  Lennon 2:15
5. "I Want to Tell You" (Harrison)Harrison 2:30
6. "Got to Get You into My Life"  McCartney 2:31
7. "Tomorrow Never Knows"  Lennon 2:57