Rexión Metropolitana de Salvador
Epónimo | Salvador | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Baía | ||||
Creación | 8 de xuño de 1973 | ||||
A Região Metropolitana de Salvador, tamén coñecida como Grande Salvador ou polo acrónimo RMS, foi instituída pola Lei Complementar Federal número 14, do 8 de xuño de 1973. Con 3.574.804 habitantes[1] (IBGE/2010), é a terceira rexión metropolitana máis habitada do Nordeste brasileiro, a sétima do Brasil e a 109ª do mundo.[2]
Comprende os municipios de Camaçari, Candeias, Dias d'Ávila, Itaparica, Lauro de Freitas, Madre de Deus, Mata de São João, Pojuca, Salvador, São Francisco do Conde, São Sebastião do Passé, Simões Filho e Vera Cruz.
A súa área de influencia abrangue os estados da Baía e Sergipe, alén de parte dos estados de Alagoas, Pernambuco e Piauí.
A RMS carece de órganos para a coordinación de accións conxuntas e para a descentralización, xa que, aínda que Salvador posúe máis de 2,6 millóns de habitantes, en ningún dos outros municipios pode haber segunda volta nas eleccións municipais.[3].
Municipios
[editar | editar a fonte]Orixinalmente, a RMS estaba composta por oito municipios, mais despois da emancipación de Madre de Deus, distrito de Salvador até 1990, e de Dias d'Ávila, pasou a ter dez municipios. O 17 de decembro de 2007, foi aprobada pola Asemblea Lexislativa de Bahia e sancionada polo goberno estatal o 3 de xaneiro de 2008 a Lei complementar estatal n° 30, que inclúe Mata de São João e São Sebastião do Passé na RMS. O 22 de xaneiro do ano seguinte, a inclusión de Pojuca foi sancionada polo gobernador Jaques Wagner a través da Lei complementar estatal n° 32. Abaixo segue unha táboa comparativa cos datos dos municipios que compoñen actualmente a rexión metropolitana.
Municipio | Lexislación | Área (km²) [4] |
Poboación (2010)[5] |
IDH[6] | PIB (en miles de reais) (2007)[7] |
---|---|---|---|---|---|
Salvador | LCF 14/1973 | 706,799 | 2.676.606 | 0,805 | 26.727.132,300 |
Camaçari | LCF 14/1973 | 759,802 | 242.984 | 0,734 | 10.401.520,210 |
Lauro de Freitas | LCF 14/1973 | 59,905 | 163.414 | 0,771 | 2.106.144,884 |
Simões Filho | LCF 14/1973 | 192,163 | 118.020 | 0,730 | 2.404.201,843 |
Candeias | LCF 14/1973 | 264,487 | 83.077 | 0,723 | 2.479.570,626 |
Dias d'Ávila | LCF 14/1973 | 207,504 | 66.373 | 0,732 | 1.202.482,789 |
Vera Cruz | LCF 14/1973 | 252,759 | 37.587 | 0,704 | 172.229,632 |
São Francisco do Conde | LCF 14/1973 | 266,631 | 33.172 | 0,714 | 7.144.211,228 |
Itaparica | LCF 14/1973 | 115,922 | 20.760 | 0,712 | 80.117,457 |
Madre de Deus | LCF 14/1973 | 11,141 | 17.384 | 0,740 | 153.928,449 |
Mata de São João | LCE 30/2008 | 670,380 | 40.210 | 0,671 | 295.717,587 |
São Sebastião do Passé | LCE 30/2008 | 549,425 | 42.153 | 0,693 | 291.571,160 |
Pojuca | LCE 32/2009 | 318,205 | 33.064 | 0,708 | 818.158,585 |
TOTAL | 4.375,123 | 3.574.804 | 0,794[8][9] | 54.276.986,750 |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Grande Salvador, con 4.375,123 km²[10], posúe un extenso litoral. Con excepción de Dias d'Ávila, Pojuca e São Sebastião do Passé, todos os seus outros municipios teñen litoral, facendo costa co océano Atlántico, como Mata de São João, Camaçari e Lauro de Freitas, ou coa Baía de Todos os Santos, como Itaparica, Candeias, Simões Filho, São Francisco do Conde, Madre de Deus, ou mesmo cos dous, como Salvador e Vera Cruz.
Posúe tamén varias illas e illotes, destacando a illa de Itaparica, a maior de todas. Nela, localízanse os municipios de Itaparica e Vera Cruz.
Demografía
[editar | editar a fonte]A Rexión Metropolitana de Salvador posúe unha poboación de 3.707.281 habitantes (IBGE/2010), nunha área territorial de 4.375,123 km, o que representa unha densidade demográfica de 847,35 hab/km².
Evolución demográfica
[editar | editar a fonte]Evolución demográfica e estimacións segundo a ONU (2005) (en miles de habitantes)[11] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | 1955 | 1960 | 1965 | 1970 | 1975 | 1980 | 1985 | 1990 | 1995 | 2000 | 2005 | 2010 | 2015 |
403 | 520 | 671 | 847 | 1 069 | 1 341 | 1 683 | 1 983 | 2 331 | 2 644 | 2 968 | 3 331 | 3 695 | 3 950 |
Economía
[editar | editar a fonte]Destacan na rexión metropolitana as actividades industriais do Polo Petroquímico de Camaçari e do Centro Industrial de Aratu, alén das actividades relacionadas co turismo e co comercio. Segundo o IBGE, no 2008, o seu produto interior bruto era de R$ 60.613.877.173[12] e a renda per capita era de R$ 15.952,75[7][12].
A rexión conta aínda co Aeroporto Internacional de Salvador e cos portos de Salvador e de Aratu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística (ed.). "Censo Demográfico 2010". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ "World Gazetteer – Welt: Ballungsräume".
- ↑ "Lídice quer rediscutir Região Metropolitana de Salvador" (en portugués). Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ IBGE, Área Territorial Oficial[Ligazón morta], Resolución nº 5 de 10 de outubro de 2002. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ "IBGE - Censo Brasileiro 2010" (PDF). Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística (IBGE). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de decembro de 2010. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), ed. (2000). "Índice de Desenvolvimento Humano - Municipal, 1991 e 2000". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ 7,0 7,1 Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística (ed.). "Produto Interno Bruto dos Municipios 2004-2008". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) (ed.). "Atlas do Desenvolvimento Humano no Brasil – 2003". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ Este dato non inclúe os municipios anexados despois do ano 2000, a saber: Pojuca (anexado en 2009), São Sebastião do Passé e Mata de São João (anexados en 2008).
- ↑ IBGE. "Área territorial oficial". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de outubro de 2011).
- ↑ ONU, 2005 Revision of World Urbanization Prospects. Perspectiva Mundial, datos de 2005. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ 12,0 12,1 Este dato inclúe o municipio de Pojuca, anexado no 2009.