Rexións de Etiopía
As rexións administrativas de Etiopía son 9. Trátase de estados etnicamente diferenciados, denominados Kililoch (singular kilil) e dúas cidades con carácter especial, os astedader akababiwach (singular, astedader akabibi). A palabra "kilil" significa concretamente "reserva" ou "área protexida", e é a base étnica sobre a cal se constituíron as rexións etíopes. A elección da verba "kilil" foi criticado por parte da oposición, comparándoo cos bantustans da Suráfrica do apartheid.[1] As 9 rexións e as cidades con status especial (cun asterisco) son:
- Adís Abeba*
- Rexión de Afar
- Rexión de Amhara
- Rexión de Benishangul-Gumuz
- Dire Dawa*
- Rexión de Gambela
- Rexión de Harari
- Rexión de Oromia
- Rexión de Somali
- Rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur
- Rexión de Tigray
De acordo á Constitución política etíope, este sistema de rexións administrativas ou kililoch, substitúe o antigo sistema de provincias, vixente até 1996; e que é aínda empregado extraoficialmente.
Demografía
[editar | editar a fonte]Mapa | Bandeira | Nome | Poboación[2] | Área (km2)[3] | Poboación per km2 |
Capital |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Adís Abeba (cidade) | 3 273 000 | 526,99 | 5 198,49 | – | |
2 | Rexión de Afar | 1 723 000 | 72 052,78 | 19,58 | Semera | |
3 | Rexión de Amhara | 20 401 000 | 154 708,96 | 111,28 | Bahir Dar | |
4 | Rexión de Benishangul-Gumuz | 1 005 000 | 50 698,68 | 13,23 | Asosa | |
5 | Dire Dawa (cidade) | 440 000 | 1 558,61 | 219,32 | – | |
6 | Rexión de Gambela | 409 000 | 29 782,82 | 10,31 | Gambela | |
7 | Rexión de Harari | 232 000 | 333,94 | 549,03 | Harar | |
8 | Rexión de Oromia | 33 692 000 | 284 537,84 | 95,45 | Adís Abeba | |
9 | Rexión de Somali | 5 453 000 | 279 252 (est.) | 15,90 | Jijiga | |
10 | Rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur | 18 276 000 | 105 476 | 142,06 | Awasa | |
11 | Rexión de Tigray | 5 056 000 | 53 638 | 94,26 | Mekelle |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ International Labour Organization ILO. ""They knew I would rather die than give up the fight" Interview with Taye Woldesmiate (Ethiopia)".
- ↑ City Population (ed.). "Ethiopia".
- ↑ "2011 National Statistics" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2014.