Saltar ao contido

Ribagorza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ribagorça»)
Modelo:Xeografía políticaRibagorza
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°27′N 0°32′L / 42.45, 0.53
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor en Wikidata
CapitalGraus Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2.459,8 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

Concellos da comarca.

A Ribagorza (en catalán: la Ribagorça) é unha comarca situada no extremo nordeste da provincia de Huesca, en Aragón. A súa capital administrativa é Graus e a cultural é Benabarre.

A Alta Ribagorça é outra comarca na provincia de Lleida.

Na Ribagorza fálase, ademais do castelán, o catalán ribagorzano.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte con Francia (departamento de Alto Garona), ao nordés co Val de Arán, ao leste coas comarcas de Alta Ribagorça e Pallars Jussà, ao sueste coa comarca da Noguera (todas elas na provincia de Lleida), ao sur coa comarca de La Litera, ao suroeste coa comarca do Somontano de Barbastro e ao oeste coa comarca de Sobrarbe (estas últimas na provincia de Huesca).

Hai tres ríos principais na comarca, que á súa vez conforman tres vales distintos:

En Benasque está o Aneto, o pico máis elevado dos todos os Pireneos, cunha altitude de 3.404 msnm.

Concellos

[editar | editar a fonte]

A comarca engloba aos municipios de Areny de Noguera, Benavarri, Benás, Beranuy, Bisaurri, Bonansa, Campo, Capella, Castilló de Sos, Castigaleu, Chía, Estopanyà, Foradada del Toscar, Graus, Isábena, Lascuarre, Laspaúls, Monesma i Caixigar, Montanui, Perarrúa, La Puebla de Castro, Pont de Montanyana, Sahún, Santaliestra y San Quílez, Secastilla, Seira, Sesué, Sopeira, Tolva, Torre la Ribera, Valle de Bardají, Valle de Lierp, Viacamp i Lliterà e Villanova.

A súa historia escribiuse con nomes como os de Ramón I de Pallars-Ribagorza, Bernardo Unifredo, Ramón II de Ribagorza, Unifredo de Ribagorza, Arnau de Ribagorza, Isarn de Ribargorza, Toda ou Tota de Ribagorza (1003-1011), Guillermo de Ribagorza (1001-1017) Sancho III o Maior de Navarra, Gonzalo I de Ribagorza e Ramiro I de Aragón (1044).

Pedro I tomou Estada (1087) e Monzón (1089). Rexentou o condado Afonso o Batallador e á súa vez o seu irmán Ramiro II o Monxe que casou á súa filla Dona Petronila co Conde de Barcelona Ramón Berenguer IV, dando orixe á Coroa de Aragón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]