Ricardo Alzugaray Yanguas
Biografía | |
---|---|
Morte | 30 de outubro de 1878 Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
22 de febreiro de 1878 – 30 de outubro de 1878 ← Juan Francisco Camacho de Alcorta – Remigio Moltó Díaz-Berrio (en) → Circunscrición electoral: Alcoi | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
18 de febreiro de 1876 – 10 de xaneiro de 1878 – Pedro Juan Muchada → Circunscrición electoral: Lalín | |
Deputado das Cortes | |
29 de maio de 1872 – 28 de xuño de 1872 ← José Crespo Villar – Jorge Arellano López (en) → Circunscrición electoral: Lalín | |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Unión Liberal |
Ricardo Alzugaray Yanguas, finado en Madrid o 30 de outubro de 1878, foi un xurista e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorouse en dereito na Universidade Central de Madrid en 1858, onde leu a disertación El estado en sus relaciones sociales é individuales. Participou en conferencias a favor do librecambismo no Ateneo de Madrid, onde trabou amizade con Pedro Antonio de Alarcón, e foi elixido deputado por Navarra en 1864.
Foi xurista do Tribunal Supremo de España e nas eleccións a Cortes de 1869 foi elixido deputado polo distrito de Estella e nas de abril de 1872 e 1876, polo de Lalín como independente, aínda que vencellado ao elduayenismo.[1]
Nas eleccións de 1876 tamén foi elixido deputado polo distrito de Alcoi despois da renuncia de Juan Francisco Camacho de Alcorta, pero morreu dous anos despois. A súa filla, María Alzugaray Lapeye, casou co político Rafael Gasset Chinchilla,[2] pai de Ricardo Gasset Alzugaray.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista na provincia de Pontevedra (1856-1879) / Felipe Castro Pérez in Documentos de Traballo. Historia; 13[Ligazón morta]
- ↑ "Gasset en xenealoxia.org". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La politización de la justicia: la designación de los magistrados del Tribunal Supremo (1836-1881 por Braulio Díaz Sampedro (p. 149)
- Conferencias no Ateneo de Madrid[Ligazón morta]