Ricardo Bescansa Castilla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Bueu, España |
Morte | 14 de novembro de 1965 (76/77 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , químico , farmacéutico |
Lingua | Lingua castelá |
Ricardo Bescansa Castilla, nado en Bueu en 1888 e finado en Santiago de Compostela o 14 de novembro de 1965[1], foi un químico, farmacéutico e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1917 fundou os Laboratorios Bescansa, para comercializar especialidades propias, entre as que cabe destacar: o Laxante Bescansa, o preparado dérmico Acnosán, o reconstituínte Jarabe Riché e o antiácido estomacal Oxagar.[2] Entre 1918 e 1928 montou en Vilagarcía de Arousa unha fábrica de produtos químicos para a obtención de produtos derivados das algas. Mercou a farmacia que fundara en 1843 Antonio Casares Rodríguez, situada na praza do Toural de Santiago de Compostela, e tiña relación de parentesco cos seus descendentes.[3]
Foi pai de Ricardo Bescansa Martínez e avó de Carolina Bescansa.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 15-11-1965, p. 7.
- ↑ "Hemeroteca ABC". Diario ABC (en castelán). 2 de decembro de 1936. Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ "Antonio Casares Rodríguez". culturagalega.org. Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ "Carolina Bescansa, la «oveja negra» de una dinastía gallega". Diario ABC (en castelán). 21 de marzo de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2006). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) : do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. pp. 483–484. ISBN 84-9750-644-8. Consultado o 1 de febreiro de 2013.