Saltar ao contido

Ricardo Bescansa Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo Bescansa Martínez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1912 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de novembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor en Wikidata

BUSC: bescansa-martinez-ricardo-1912-1986

Ricardo Bescansa Martínez, nado en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1912 e finado na mesma cidade o 3 de novembro de 1986, foi un empresario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de Ricardo Bescansa Castilla e Felisa Martínez Sampelayo.[1] Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1933.[1] Unha viaxe a Lisboa descubriulle a televisión, e desde 1955 empezou a facer probas con antenas. En 1958 creou con Amador Beiras a empresa Televés, e iniciou a venda de aparatos de recepción do sinal.

Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1981-1986) e tío da política Carolina Bescansa.

  1. 1,0 1,1 Manuel Jaime Barreiro Gil - Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela. Decano da Facultade de Economía e Empresa. "Empresarios de Galicia - Ricardo Bescansa Martínez" (PDF). Fundación Galicia Empresa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24-03-2018. Consultado o 24-3-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barreiro Gil, Manuel Jaime (2006). "O engado da inovación" in Empresarios de Galicia. CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 283–301. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]