Ricardo Carballal
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1880 ![]() Muras, España ![]() |
Morte | 16 de novembro de 1922 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
![]() ![]() |
Ricardo G. Carballal Lafourcade, nado en Muras na década de 1880 e finado na Coruña o 16 de novembro de 1922, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrado en Cuba, colaborou en Follas Novas, Nova Galicia de Buenos Aires e Galicia; fundou e dirixiu Santos e Meigas, colaborou en Airiños d’a Miña Terra e dirixiu a revista Suevia. Foi vogal do Comitñe Redencionista da Habana.[1] Visitou Galicia en maio de 1911.[2] Retornado a Galicia cara a 1913,[3] foi un dos fundadores e membro do consello directivo das Irmandades da Fala da Coruña, colaborou en Coruña Cómica, A Nosa Terra (da que foi administrador e redactor), Verdad y Justicia e Acción Coruñesa, e foi administrador de El Noroeste. Utilizou o pseudónimo V. Ulcano. Foi vogal da directiva da Asociación da Prensa da Coruña.[4] Finou na Coruña o 16 de novembro de 1922.[5][6]
Obras
[editar | editar a fonte]- O tesouro acobillado, 1919.[7]
- De min para vós, 1928.[8]
- O tesouro acobillado e outros relatos, 2017.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 21-4-1910, p. 1.
- ↑ Nova Galicia, 7-5-1911, p. 5.
- ↑ Diario de la Marina, 18-3-1913, p. 5.
- ↑ El Ideal Gallego, 18-1-1922, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 17-11-1922, p.4.
- ↑ La Zarpa, 19-11-1922, p. 1.
- ↑ Obra en Galiciana
- ↑ Ficha en Galiciana
- ↑ O tesouro acobillado e outros relatos de Ricardo Carballal Lafourcade
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Camoira Vega, César (2017). O tesouro acobillado e outros relatos de Ricardo G. Carballal Lafourcade (PDF). Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro. ISBN 978-84-453-5284-7.