Ricardo Pérez Medín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1908 Miño, España |
Morte | 20 de xullo de 2009 (100 anos) Panamá |
Alcalde de Miño | |
maio de 1936 – xullo de 1936 (destitución) | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Cronoloxía | |
31 de agosto de 1937-5 de setembro de 1937 | evasión de La Golondrina |
Ricardo Pérez Medín, nado en Miño o 7 de setembro de 1908 e finado en Panamá o 20 de xullo de 2009, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 15 anos comezou a traballar como albanel. En 1928 marchou facer o servizo militar e ao rematar estableceu o bar Miño no concello do mesmo nome. Fundador da UGT de Miño en 1931, foi militante de Izquierda Republicana e en 1936 pasou ao PSOE. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro, e en maio foi elixido alcalde de Miño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu en arresto domiciliario e tivo que pagar diversas multas gobernativas. Conseguiu fuxir na lancha pesqueira La Golondrina xunto coa súa muller Francisca López del Río e outros nove compañeiros. De Miño chegaron a Bordeos, atravesaron Francia e incorporáronse ao exército republicano en Valencia e Cataluña. Coa caída de Cataluña pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Beziers. O 6 de abril de 1940 saíu de Bordeos rumbo á República Dominicana, desde onde se trasladou a Panamá en 1941, establecéndose alí definitivamente. Traballou como chofer e albanel. En 1962 foi nomeado Delegado Diplomático da República no exilio. Volveu para visitar Miño en 1968, e a partir desa data todos os anos.
Predecesor: Rodrigo González Martínez |
Alcalde de Miño 1936 |
Sucesor: ? |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García López, Xoán Xosé; López González, Rosa María (2009). Memorias. Ricardo Pérez Medín. Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. ISBN 978-84-95773-16-6.