Evasión de La Golondrina
A evasión de La Golondrina foi a fuxida dun grupo de republicanos galegos desde Miño rumbo a Francia o 31 de agosto de 1937.
Historia
[editar | editar a fonte]Un grupo de republicanos de Miño que levaban tempo agochados conseguiron fuxir na medianoite do 31 de agosto de 1937 na pequena lancha de pesca La Golondrina. Ricardo Pérez Medín o alcalde de Miño da Fronte Popular, e a súa muller Francisca López del Río (Paca a Sabina) foron os encargados de organizar a fuga. Lograron chegar a Francia cinco días despois. Arribaron en Marennes, onde estiveron varios días e de alí mandáronos a Rochefort, onde tomaron un tren que os levou á fronteira con Cataluña. En tren chegaron a Barcelona o 17 de setembro. Os fuxidos foron xulgados na causa aberta en Ferrol por rebelión militar.[1]
Os evadidos foron Ricardo Pérez Medín, Francisca López del Río, Juan Varela Bouza, Antonio González Basanta, Abelardo López Varela, Francisco Rodríguez Quintas, Andrés Fraguas, José Rodríguez Pérez, Antonio Somorrostro Pérez, Manuel Barros Serrano e Manuel Salorio Díaz.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Medín, Ricardo (2006). ""La Golondrina" navegando cara a liberdade" (PDF). A Xanela (22): 17–18.
- Regueira Cereijo, Rosario (2017). Cando pasou o que pasou. Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-947719-6-5.