Saltar ao contido

Juan Varela Bouza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Varela Bouza
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor en Wikidata
Miño, España Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1960 Editar o valor en Wikidata (47/57 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAmelia Varela Bouza
José Varela Bouza Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
31 de agosto de 1937-5 de setembro de 1937evasión de La Golondrina Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4674

Juan Varela Bouza, nado en Bañobre (Miño) cara a 1912 e finado na década de 1960, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Irmán de Amelia e José Varela Bouza. Foi acusado de executar o incendio da igrexa de Santa María de Castro o 10 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríuselle causa por deserción na que se certificaba que desapareceu do seu domicilio nos primeiros días de xullo. O 11 de agosto de 1937 conseguiu fuxir na lancha pesqueira La Golondrina xunto con Ricardo Pérez Medín e outros nove compañeiros e logrou chegar a Francia. Abríuselle causa en Ferrol por rebelión militar (subtracción da motora Golondrina),[1] e foi declarado fuxido e en rebeldía. As autoridades devolvéronos pola fronteira de Cataluña e chegaron a Barcelona o 17 de setembro. Incorporouse ao exército leal. Coa derrota da República foi detido. Estivo varios anos en prisión. Morreu a principios dos anos sesenta no máis absoluto abandono.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]