Ricardo Picouto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1874 |
Morte | 19 de xaneiro de 1935 (60/61 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Ricardo Picouto Fernández, nado cara a 1874 e finado en Ourense o 19 de xaneiro de 1935, foi un industrial e agrarista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi secretario da I Asemblea Agraria de Galicia e membro da mesa da II Asemblea Agraria de Galicia. Tamén foi secretario do Congreso Agrícola de Ourense celebrado o 8 de setembro de 1910.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado deputado suplente corporativo da Deputación de Ourense en xuño de 1926.[2] Tamén foi inventor, patentando unha "Elevadora e Arrastradora" e unha "Azufradora de Mochila".[3]
Finou en Ourense o 19 de xaneiro de 1935 aos 60 anos.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ourense con Gregoria García Blanco en 1916,[5] e foi pai de Ricardo, María Teresa, Carlos, Luz e Vicente Picouto García.