Rinóforo
Nos moluscos gasterópodos opistobranquios, especialmente nos nudibranquios, denomínase rinóforo a cada unha das dúas proxeccións dorsais anteriores (ás veces consideradas o segundo par de tentáculos cefálicos), de bordos ondulados e de formas variábeis segundo as especies (simples ou ramificadas, e que poden ser en forma de maza, de variña, ou de folla), que son estruturas quimiorreceptoras.[1]
Son típicos das lesmas de mar e das borrachas (aplisíidos).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome refírese á función do rinóforo como órgano para "cheirar". A palabra está formada polos elementos rino- e -foro. O primeiro deriva de xenitivo (como é a norma) da palabra do grego antigo ῥίς, ῥινός rhís, rhinós, "nariz", e o segundo do sufixo do latín científico -phorus, tirado do grego antigo -φορος, -phoros "soporte", "que leva", derivado do verbo φέρειν phérein "levar enriba", "transportar".[2]
Función
[editar | editar a fonte]Os rinóforos son receptores de olores ou sabores, coñecidos como órganos quimiosensores, situados na superficie dorsal da cabeza. Utilízanse principalmente para quimiorrecepción e reorrecepción (resposta ás correntes de auga) a distancia.[3]
Os olores detectados polos rinóforos son substancias químicas disolvidas na auga do mar. A estrutura fina e os pelos do rinóforo subministran unha gran superficie para maximizar a detección química.[4] Isto permite que os nudibranquios permanezan cerca da súa fonte de alimento (por exemplo, especies de esponxas) e encontrar parella. En Aplysia californica, os rinóforos son capaces de detectar feromonas.[3]
Protección dos rinóforos
[editar | editar a fonte]Para protexer os rinóforos prominentes contra a trabadas dos depredadores, incluídos os peixes, a maioría das especies de nudibranquios atacados poden retirar os seus rinóforos nun peto debaixo da pel.[4]
Estrutura
[editar | editar a fonte]Nos adultos de Aplysia reprodutivamente maduros, o rinóforo mide aproximadamente 1 cm de lonxitude. A organización neuroanatómica inclúe un suco no rinóforo onde a mayoría das células sensoriais parecen estar concentradas. O seu epitelio sensorial contén neuronas sensoriais que proxectan axóns de novo aos ganglios e ás dendritas do rinóforo que terminan nun cilio exposto á superficie, ou nunha pequena protuberancia.[3]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garrido, C. (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. Alemám, Inglês, Espanhol, Galego-Português. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
- ↑ rhinophore no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Scott F. Cummins, Dirk Erpenbeck, Zhihua Zou, Charles Claudianos, Leonid L. Moroz, Gregg T. Nagle & Bernard M. Degnan. (2009): "Candidate chemoreceptor subfamilies differentially expressed in the chemosensory organs of the mollusc Aplysia". BMC Biology 2009, 7:28. (Texto completo).
- ↑ 4,0 4,1 Rhinophore in nudibranchs Arquivado o 21 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Consultado o 17 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rinóforo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wertz A., Rössler W., Obermayer M. & Bickmeyer U. (2006): "Functional neuroanatomy of the rhinophore of Aplysia punctata". Frontiers in Zoology 3: 6. (Texto completo).