Anduriña das barreiras
Anduriña das barreiras | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Voando en Escocia | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Hirundo riparia Linnaeus, 1758 |
A anduriña das barreiras[2] ou andoriña das barreiras[3][4] (Riparia riparia) é unha ave paseriforme migratoria da familia das andoriñas. Ten unha ampla área de distribución en verán, que abrangue practicamente toda Europa, parte do norte de Asia e Norteamérica. Pasa o inverno no leste e sur de África, Suramérica e o subcontinente indio. En Galicia é unha ave estival escasa.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Esta especie foi descrita por Linnaeus no seu Systema naturae en 1758, e orixinalmente deulle o nome de Hirundo riparia; a descrición constía simplemente en: H[irundo] cinerea, gula abdomineque albis—"unha andoriña cincenta coa gorxa e barriga brancas"—e a localidade tipo mencionada era simplemente "Europa".[5] O seu nome específico, riparia (e actualmente tamén o xenérico), significa 'das ribeiras'; que deriva do latín ripa, 'ribeira dun río'.[6]
As poboacións do norte da India e sur da China, que antes se consideraban desta especie, son agora normalmente separadas nunha especie distinta, Riparia diluta. Esta ten partes inferiores marróns agrisadas máis claras e unha banda no peito menos nítida e inverna en Paquistán e sur da India.[7]
Descrición
[editar | editar a fonte]É de 12 cm de longo e de cor marrón pola parte superior, branca na inferior cunha banda estreita marrón no peito, ten un bico negro e patas marróns. Os xoves teñen puntas marróns avermelladas nas plumas cobertoiras e marxes das secundarias.
O seu dorso negro, gorxa branca, pequeno tamaño e voo rápido e errático diferénciana de andoriñas similares, como a Delichon urbicum, Petrochelidon pyrrhonota ou as outras especies de Riparia. Só a Riparia cincta da África subsahariana é similar, pero a andoriña das ribeiras só aparece no norte desa zona en inverno.
A andoriña das ribeiras ten unha canción trilante que é continua cando está voando e pasa a un ton "conversacional" baixo cando está pousada. Emite unha chamada de alarma áspera cando pasa un falcón, un corvo ou outro posible predador que pide unha acción combinada para espantalo.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Linnaeus xa salientou os hábitos reprodutores desta especie: Habitat in Europae collibus arenosis abruptis, foramine serpentino—"vive en Europa, en buratos serpenteantes en outeiros de area abruptos". Observouse que prefiren o loes como tipo de tereo para facer o niño.[8] Encóntranse xeralmente preto de corpos de auga, como ríos, lagos ou mesmo o océano, durante todo o ano.[5][9]
É a primeira especie da súa familia que aparece nos seus terreos de reprodución, desde finais de marzo, xusto antes da Hirundo rustica. No norte de Ohio, chegan en cantidade a mediados de abril, uns 10 días antes do que o facían hai 100 anos.[10][11] Ao principio, voa sobre grandes corpos de auga en solitario, buscando as primeiras moscas que saen. Máis tarde acompañan a outras especies de andoriñas, pero durante un tempo, que varía segundo o tempo climatolóxico que faga, permanecen nestes grandes corpos de auga e non visita os seus lugares favoritos de nidificación. A andoriña das barreiras parte cedo, de todas formas dos seus lugares preferidos de máis ao norte. En agosto, as reunións de aves nos pousadoiros nocturnos increméntanse enormemente, aínda que a chegada e a partida de aves de paso causa unha grande irregularidade en canto á súa cantidade. A fins de setembro xa marcharon dos tereos de reprodución case todas.
O seu alimento consiste en pequenos insectos, principalmente mosquitos e outras moscas, cuxos estadios larvarios iniciais son acuáticos.
É unha ave sociable nos seus hábitos de nidificación, e poden xuntarse de ducias a moitos centos de parellas para nidificar preto nun mesmo lugar, segundo o espazo dispoñible. Os niños están ao final de túneles escavados dunhas poucas decenas de centímetros a máis dun metro de lonxitude, feitos en area ou grava. O niño propiamente dito é un leito de palla e plumas nunha cámara ao final da toqueira; pero axiña queda infestado de parasitos. Pon de catro a cinco ovos brancos a mediados ou finais de maio e é común que fagan unha segunda posta en todos os sitios de nidación menos os de máis ao norte.
Conservación
[editar | editar a fonte]Non é un paxaro escaso e está clasificado como en estado "pouco preocupante" pola IUCN.[1] Goza dalgunhas proteccións legais locais, xa que certas poboacións declinaron ou están ameazadas pola perda de hábitat ou a fragmentación. Son considerados ameazados en California, onde hai poboacións no val de Sacramento[12] e en dous sitios costeiros, Ano Nuevo e Fort Funston.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Riparia riparia". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ 5,0 5,1 Linnaeus, Carl (1758). Laurentius Salvius, ed. 101.4. Hirundo riparia (PDF). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. vol. 1 (10th ed.) (Holmius [Stockholm]). p. 192.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 336. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Turner, Angela; Rose, Chris (1989). Swallows and martins: an identification guide and handbook. Houghton Mifflin. ISBN 978-0-395-51174-9.
- ↑ Smalley, I.J., Smalley, G.J., O'Hara-Dhand, K., Jary, Z. 2013. Sand martins favour loess: how the properties of loess ground facilitate the nesting of Sand Martins/Bank Swallows/Uferschwalben (Riparia riparia L1758) Quaternary International 296, 216-219. https://dx.doi.org/10.1016/j.quaint2012.03.059
- ↑ Accordi & Barcellos (2006)
- ↑ Henninger, W.F. (1906). "A Preliminary List of the Birds of Seneca County, Ohio". The Wilson Bulletin 18.
- ↑ OOS (2004)
- ↑ Garrison, B.A. (1998). "Bank Swallow (Riparia riparia)". The Riparian Bird Conservation Plan: A Strategy for Reversing the Decline of Riparian-associated Birds in California. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 09 de agosto de 2019.
- ↑ Fish, Allen (April 2012). "Bank Swallows of Fort Funston". Golden Gate National Parks Conservancy. Consultado o 26 October 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anduriña das barreiras |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anduriña das barreiras |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heneberg, P. (2003). "Soil particle composition affects the physical characteristics of Sand Martin Riparia riparia holes". Ibis 145 (3): 392–399. doi:10.1046/j.1474-919X.2003.00176.x.
- Heneberg, P. (2001). "Size of sand grains as a significant factor affecting the nesting of bank swallows (Riparia riparia). Soil particle composition affects the physical characteristics of Sand Martin Riparia riparia holes". Biologia 56 (2): 205–210. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2007. Consultado o 09 de agosto de 2019.
- Heneberg, Petr; Šírek, Jiří; Škorpíková, Vlasta; Šimeček, Karel; Šafránek, Jiří; Mazánek, Daniel; Hubálek, Zdeněk; Jeřábková, Eva (2006). "Overview of sand martin (Riparia riparia) localities in the Czech Republic". Linzer Biologische Beiträge 38 (2): 1413–1447.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sand Martin - Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds
- Ageing and sexing (PDF; 1.4 MB) de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze
- Plumas de andoriña das barreiras (Riparia riparia)Arquivado 04 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- Reconto da andoriña das barreiras – Cornell Lab of Ornithology
- Andoriña das barreiras en Environment Canada
- Folla de datos de BirdLife species para Riparia riparia
- Mapa interactivo da área de distribución de Riparia riparia en IUCN Red List maps
- Riparia-riparia - Gravacións de sons de Sand martin en Xeno-canto.