Rita Barberá
María Rita Barberá Nolla, nada en Valencia o 16 de xullo de 1948 e finada en Madrid o 23 de novembro de 2016[1], foi unha política española do Partido Popular. Foi a alcaldesa da cidade de Valencia entre 1991 e 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi licenciada en Ciencias Políticas, Económicas e Empresariais pola Universidade de Valencia e de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Foi cofundadora do Partido Popular en Valencia e deputada nas Cortes Valencianas dende 1983. Foi elixida alcaldesa de Valencia o 15 de xullo de 1991 e reelixida nas eleccións de 1995, 1999, 2003, 2007 e 2011 nas que conseguiu a maioría absoluta.
Nas eleccións de 2015, o Partido Popular perdeu a maioría absoluta e Rita Barberá perdeu a alcaldía grazas a un pacto de esquerdas entre Compromís, PSPV e València en Comú.
Involucrada nos casos «Rita Leaks» e «Operación Taula», viuse obrigada a darse de baixa no PP o 14 de setembro de 2016 para manter o seu cargo de senadora. Faleceu dun infarto no Hotel Villa Real, situado fronte ao Congreso, onde se aloxaba, o 23 de novembro do mesmo ano[2].
Predecesor: Clementina Ródenas |
Alcaldesa de Valencia 5 de xullo de 1991 - 13 de xuño de 2015 |
Sucesor: Joan Ribó |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Muere Rita Barberá en Valencia Plaza (23-11-2016).
- ↑ Rita Barberá muere de un infarto en un hotel de Madrid, en El País (23-11-2016).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en castelán)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- Personalidades da política da Comunidade Valenciana
- Nados en 1948
- Nados en Valencia
- Alcaldes de Valencia
- Políticos do PP
- Finados en 2016
- Finados por cirrose
- Alumnos da Universidade de Valencia
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Senadores por designación das Cortes Valencianas
- Políticos de España pertencentes a lexislativos autonómicos