Saltar ao contido

Rita Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRita Lee

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Rita Lee Jones Editar o valor en Wikidata
31 de decembro de 1947 Editar o valor en Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 2023 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de São Paulo
Liceu Pasteur (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, escritora de literatura infantil, escritora, pianista, compositora, guitarrista, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor en Wikidata - 2023 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Os Mutantes (1968–1972) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, música rock, música popular brasileira e Bossa nova Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioRita Lee Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz, guitarra e Kora Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSom Livre
Mercury Records
Philips
Polydor Records
EMI Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRoberto de Carvalho (1996–)
Arnaldo Baptista (1968–1972) Editar o valor en Wikidata
FillosBeto Lee
 () Roberto de Carvalho Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webritalee.com.br Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0498097 Facebook: ritalee.oficial Twitter: rita_lee Instagram: litaree_real MySpace: ritaleeoficial Youtube: UCyFDNBI2AJaqILTR_3dn9aA TikTok: ritalee_oficial BNE: XX1334642 Spotify: 7dnT2FUXhjirperXaH22IJ iTunes: 6710846 Last fm: Rita+Lee Musicbrainz: 3f962bf0-42a0-45a0-830f-07b66301d35f Songkick: 9030 Discogs: 274890 Allmusic: mn0000807068 Deezer: 1893 Editar o valor en Wikidata

Rita Lee Jones de Carvalho OMC, nada en São Paulo no 31 de decembro de 1947[1] e finada ibídem o 8 de maio de 2023, foi unha cantante, compositora, multi-instrumentista, actriz, escritora e activista brasileira, coñecida como a "raíña do rock brasileiro".[2] [3] Rita vendeu máis de 55 millóns de discos, sendo a cuarta artista máis exitosa neste sentido no Brasil, só por detrás de Tonico & Tinoco, Roberto Carlos e Nelson Gonçalves.[4]

Construíu unha carreira que comezou co rock pero que co paso dos anos coqueteou con diferentes xéneros, como a psicodelia durante a época do tropicalismo, o pop rock, a música disco, a New Wave, o MPB, a bossa nova e a música electrónica, creando un hibridismo pioneiro entre xéneros nacionais e internacionais.[5]

Rita foi considerada unha das mulleres máis influentes do Brasil, sendo unha referencia para aquelas que chegaron a utilizar a guitarra a partir de mediados dos anos 70. [6] Antigo membro do grupo Os Mutantes (19661972) e Tutti Frutti (19731978), participou en importantes revolucións no mundo da música e da sociedade. As súas cancións, xeralmente regadas con ironía ácida ou reivindicación da independencia feminina,[7] fixéronse omnipresentes nas listas, sendo as máis populares "Ovelha Negra", "Mania de Você", "Lança Perfume", "Agora Só Falta Você", "Baila Comigo", "Banho de Espuma", "Desculpe o Auê", "Erva Venenosa", "Amor e Sexo", "Reza", "Menino Bonito", "Flagra" e "Doce Vampiro", de entre outras. O álbum Fruto Proibido (1975), editado coa banda Tutti Frutti, é considerado habitualmente como un fito fundamental na historia do rock brasileiro, considerado por algúns como a súa obra mestra.[8]

En 1976 comezou unha relación sentimental co guitarrista Roberto de Carvalho, que desde entón é o seu compañeiro na maioría das súas cancións. Tiveron tres fillos, entre eles Beto Lee, tamén guitarrista, que acompañaba aos seus pais nos programas. Rita era vegana e defensora dos dereitos dos animais.[9] Cunha carreira de 60 anos, a artista pasou da innovación musical da década de 1960 e 1970 ás baladas románticas moi exitosas da década de 1980 e unha revolución musical,[10] despois de ter actuado con innumerables artistas que van desde Elis Regina e João Gilberto á banda Titãs. En outubro de 2008, a revista Rolling Stone promoveu a lista dos cen máis grandes artistas da música brasileira, onde Rita ocupa o posto 15.[11]

  1. Dip, Andrea (16 de abril de 2011). "Rita Lee encerra show na Virada Cultural com discurso sério e grandes sucessos". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2011. Consultado o 22 de xullo de 2012. 
  2. Alves, Luciano. O melhor do rock Brasil: melodias cifradas para guitarra, violão e teclados, p. 5. São Paulo: Irmãos Vitale, 2001. (en portugués) ISBN 8574071331
  3. Oliveira, Marcio Castro. Um amor de verão (en portugués). ISBN 9788578936006. 
  4. Barcinski 2014, p. 137.
  5. Süssekind, Flora; Dias; Azevedo (2003). Vozes femininas: gêneros, mediações e práticas da escrita (en portugués). 2003. pp. 421–422. ISBN 9788575770269. 
  6. Preto, Marcus. "Não nasci para casar e lavar cuecas", revela Rita Lee. Rolling Stone Brasil. Consultado em 15 de julho de 2019.
  7. "Redirect". sites.uepg.br. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2023. Consultado o 2023-05-09. 
  8. Roberto Nascimento, "Esse tal de Rock... ACERTOU". Estadão (18 de dezembro de 2010). Acesso: 28 de julho, 2011.
  9. direitos. Consultado em 29 de janeiro, 2012.
  10. Almir Chediak, Rita Lee Songbook, p.10. Irmãos Vitale, 1990.
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 09 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]