Saltar ao contido

Robert DeLeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert DeLeo

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Montclair, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónPoint Pleasant Borough High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaixista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo e guitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAtlantic Records Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1510396 MySpace: robertdeleo Musicbrainz: f2d0e917-92e6-4bc6-81a8-46b3fbf80c0f Discogs: 452361 Allmusic: mn0000285661 Editar o valor en Wikidata

Robert Emile DeLeo, nado en Montclair (Nova Jersey) o 2 de febreiro de 1966, é un baixista estadounidense que toca en Stone Temple Pilots. Anteriormente formou parte das bandas Talk Show e Army of Anyone. É o irmán máis novo de Dean DeLeo, que toca a guitarra tamén en Stone Temple Pilots.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Stone Temple Pilots

[editar | editar a fonte]

Robert coñeceu a Scott Weiland, que sería posteriormente o vocalista de Stone Temple Pilots, nun concerto de Black Flag en Long Beach. Pouco despois decatáronse de que estaban saíndo coa mesma rapaza, e cando ela mudouse a Texas, Robert e Scott foron vivir ao seu apartamento en San Diego, onde intentaron formar unha banda. Contactaron co batería Eric Kretz e Robert convenceu ao seu irmán Dean para que tocase a guitarra na nova banda. Esta foi bautizada como Mighty Joe Young, nome tirado dunha película titulada así.

Mighty Joe Young realizou varios concertos en bares da zona dos Ánxeles, e asinou un contrato coa Atlantic Records no ano 1992. Pero o nome "Mighty Joe Young" xa pertencía a outro artista, polo que a banda tivo que cambialo a "Stone Temple Pilots".

Durante eses anos, Stone Temple Pilots converteuse nunha das bandas máis exitosas dos anos 90, coa creación por parte de Robert de moita da súa música, incluíndo as famosas intros dos temas "Plush" e "Interstate Love Song". A pesar de que as súas vendas superaron os 25 millóns de discos, a banda desfíxose debido aos continuos problemas de Scott Weiland coas drogas.

Stone Temple Pilots reuniuse a principios do 2008 e actualmente [cando?] atópase nunha xira de 65 concertos por Norteamérica. Unha vez remate a xira a banda gravará o seu sexto traballo de estudio.

Talk Show e Army of Anyone

[editar | editar a fonte]

Mentres Stone Temple Pilots estaba parada en 1997 debido ás loitas de Scott coa lei, Robert, o seu irmán Dean e Kretz uníronse ao vocalista Dave Coutts de Ten Inch Men e formaron Talk Show. Scott estivo rehabilitándose e editou un disco en solitario durante ese tempo.

Talk Show editaría o seu único traballo, Tak Show, en 1997, a través da Atlantic Records. A pesar do enorme éxito entre os críticos musicais o álbum foi un gran fracaso comercial. Dave Coutts foi finalmente despedido e a banda desfíxose. Stone Temple Pilots reformaríase novamente en 1998 e separaríase definitivamente no ano 2003.

Despois da ruptura, Robert e Dean uníronse ao líder de Filter Richard Patrick e ao batería Ray Luzier para formar a banda Army of Anyone. O grupo xurdiu despois de que Patrick contactase cos irmáns DeLeo para escribir material para o cuarto álbum de Filter. Finalmente chamaron a Luzier para unha audición e formaron a banda. Army of Anyone foi editado o 14 de novembro do 2006 recibindo boas críticas.