Saltar ao contido

Robert Goddard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Goddard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Hutchings Goddard Editar o valor en Wikidata
5 de outubro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Worcester, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1945 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Baltimore, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do esófago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHope Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónClark University (en) Traducir
Worcester Polytechnic Institute (en) Traducir
South High Community School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseArthur Gordon Webster (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronáutica, física e discoveries and inventions (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupaciónEnxeñeiro de aviación, matemático, enxeñeiro, inventor, físico, astrónomo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeEsther Christine Kisk Editar o valor en Wikidata
PaiNahum Danford Goddard, Jr. Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Годдард Роберт)
Obálky knih,
Astronomers: A Biographical Reference (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Goddard-1213 Find a Grave: 398 Editar o valor en Wikidata

Robert Hutchings Goddard, nado o 5 de outubro de 1882 en Worcester, Massachusetts e finado o 10 de agosto de 1945 en Baltimore, Maryland, foi un enxeñeiro, físico, profesor e inventor dos Estados Unidos pioneiro no campo da foguetería, chegando a construír o primeiro foguete de propelente líquido.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A Goddard, xunto co ruso Konstantin Tsiolkovskii e o alemá Hermann Oberth, se lle considera un dos pioneiros do voo espacial, facendo importantes contribucións teóricas e técnicas e lanzando o primeiro foguete de propelente líquido en 1926.[1][2]

Goddard doutorouse en física pola Universidade Clark en 1911, chegando a ser director dos seus laboratorios. Comezou os seus traballos sobre foguetes en 1909, rexistrando dúas patentes en 1914, unha delas relativa ao uso de propelentes líquidos en foguetes e a outra sobre o uso de dúas ou tres etapas en foguetes de propelente sólido, adiantándose ao seu tempo. En xaneiro de 1920 publicou no número 2540 da revista Smithsonian Miscellaneous Publication o seu artigo A Method of Reaching Extreme Altitudes. (Un método para chegar a altitudes extremas), onde detalla métodos para levar instrumentación científica a maiores alturas das que poden achegar os globos meteorolóxicos usando foguetes, para o cal desenvolve toda unha serie de teorías matemáticas da propulsión a reacción. Cara finais de 1920 Goddard indica a posibilidade de enviar un foguete á Lúa. Os periódicos recolleron a proposta, levantando gran controversia e en último termo ridiculizando a Goddard, que recelou da prensa o resto da súa vida.[1][2]

Os traballos posteriores de Goddard desenvolveron as ideas do control xiroscópico dos foguetes, o control de dirección mediante aletas no foguete, o movemento das tobeiras mediante cardáns e bombas de propelente accionadas mediante motores. O lanzamento dun foguete de probas en 1929 foi o primeiro no que se enviaron instrumentos científicos a bordo, un barómetro e unha cámara. As súas ideas acabaron chegando á Sociedade de Foguetes Alemá, sociedade civil creada en 1927, co exército dese país comezando o seu programa de foguetes en 1931, culminando no mísil V-2.[1][2]

As ideas de Goddard axudaron a dar inicio á era espacial, aínda que apenas foi recoñecido en vida. Goddard finou o 10 de agosto de 1945. Un dos principais laboratorios da NASA foi nomedado no seu honor, o Centro Goddard de Voos Espaciais.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2023). "Goddard, Robert H" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Brian Dunbar (3 de outubro de 2022). "Dr. Robert H. Goddard, American Rocketry Pioneer" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]