Robert Ludlum
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1927 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 12 de marzo de 2001 ![]() Naples, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | queimadura ![]() |
Educación | Universidade Wesleyana Cheshire Academy (en) ![]() Rectory School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, escritor de ciencia ficción, guionista, novelista, produtor delegado ![]() |
Período de actividade | 1971 ![]() |
Pseudónimo literario | Jonathan Ryder Michael Shepherd ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Medvik >>>:Ludlum, Robert, 1927-2001, ![]() ![]() |
Sitio web | robert-ludlum.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Robert Ludlum, nado en Nova York en 1927 e finado en Maples, Florida, en 2001, foi un escritor nortemericano. É autor de 29 novelas de suspense que venderon máis de 210 millóns de exemplares en 32 linguas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Medrou en Nova Jersey e durante a segunda guerra mundial ingresa nos Marines. Logo do remate da guerra estuda na Universidade de Wesleyan e logo de licenciarse comeza unha carreira de actor de teatro. En 1971 publica a súa primeira novela, The Scarlatti Inheritance, que se converte nun éxito de vendas.
As súas novelas máis coñecidas forman a triloxía de Bourne, e a pesar do éxito comercial das súas novelas, nunca tivo o favor da crítica. Xunto con Gayle Lynds creou a serie Covert-One, que inclúen The Hades Factor, The Paris Option e The Altman Code, protagonizadas por Jon Smith, médico e oficial da armada norteamericana que acepta traballar para unha axencia ultrasecreta chamada Covert-One.
Algunhas das súas novelas leváronse ao cine como The Osterman Weekend, The Holcroft Covenant, Apocalypse Watch, The Bourne Identity e The Bourne Supremacy, as máis famosas foron as da serie Bourne protagonizadas por Matt Damon
Obras
[editar | editar a fonte]- The Prometheus Deception (2000)
- The Matarese Countdown
- The Apocalypse Watch (1995)
- The Matlock Paper (1993)
- The Scorpio Illusion(1993)
- The Road To Omaha (1992)
- The Bourne Ultimatum (1990)
- The Holcroft Covenant (1989)
- Trevayne (1989)
- The Icarus Agenda (1988)
- The Bourne Supremacy (1986)
- The Aquitaine Progression(1984)
- The Parsifal Mosaic (1982)
- The Bourne Identity (1980)
- The Matarese Circle (1979)
- The Gemini Contenders (1979)
- The Chancellor Manuscript (1977)
- The Road to Gandolfo (1975)
- The Rhinemann Exchange (1974)
- The Cry of the Halidon (1974)
- The Osterman Weekend (1972)
- The Scarlatti Inheritance (1971)