Robert Peary
Robert Edwin Peary, nado en Cresson (Pensilvania) o 6 de maio de 1856 e finado en Washington, D.C. o 20 de febreiro de 1920, foi un explorador americano, considerado a primeira persoa que chegou ao Polo Norte xeográfico, o 6 de abril de 1909.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Peary naceu na localidade de Cresson, a 120 km de Pittsburgh, e pasou a súa mocidade en Maine. Foi enxeñeiro civil da mariña dos Estados Unidos. Desde 1886 realiza frecuentes expedicións a Groenlandia e en 1892 navegou o suficientemente ao norte para probar a súa insularidade. En 1905 substituíu o pequeno navío das súas primeiras expedicións, o Winward, por un navío especialmente concibido para as súas exploracións, o Theodore Roosevelt.
A diferenza doutros exploradores el estudou as técnicas de supervivencia que utilizaban os inuit, aprendeu a usar zorras de cans e construír iglús e vestirse con peles. Tamén confiou na poboación nativa como cazadores e guías durante as súas expedicións e foi pioneiro no uso de grupos de apoio e subministración de provisións para a travesía, a todo isto chamóuselle o sistema Peary. Á súa volta da expedición ao Polo Norte suscitouse a polémica con Frederick Cook, que tamén afirmaba que chegara ao Polo Norte mesmo antes, o 21 de abril de 1908, o Congreso dos Estados Unidos entrou na controversia, declarando oficialmente que Peary fora o primeiro en chegar. O certo é que non hai certeza nin evidencias irrefutables que Peary chegara o Polo Norte
Obra
[editar | editar a fonte]Peary é autor de varios libros onde describe as súas expedicións:
- Northward over the Great Ice (1898)
- Nearest the Pole (1907)
- Secrets of Polar Travel (1917).