Robert Rauschenberg
Robert Milton Ernest Rauschenberg, nado en Port Arthur (Texas) o 22 de outubro de 1925 e finado o 12 de maio de 2008, foi un pintor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desenvolveu a súa formación en lugares moi diversos: Kansas City, París, Carolina do Norte e Nova York. Logo dun primeiro período pictórico que podería enmarcarse nalgunhas das formas do expresionismo abstracto, na década de 1950 empezou a realizar as súas combine-paintings, pezas de difícil adscrición nas que combinou o lenzo co ensamblaje de obxectos dispares, en moitos casos de refugallo: animais disecados, cadeiras, botellas, rodas de coches, ventiladores, receptores de radios etc.
Desde 1963 recorreu tamén á serigrafía, na que se serviu a miúdo de fotografías e recortes de xornal. Foi un dos fundadores da EAT (Experimentos en Arte e Tecnoloxía) e en 1964 recibiu o Gran Premio da Bienal de Venecia. Enmarcado en tendencias tan dispares como o expresionismo abstracto ou o pop art, el mesmo tense autocalificado a miúdo como «neodadaísta».
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Robert Rauschenberg |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ARTCYCLOPEDIA (en inglés)