Saltar ao contido

Robert Stephenson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Stephenson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1803 Editar o valor en Wikidata
Willington Quay, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 1859 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor en Wikidata
Membro do 18º Parlamento do Reino Unido
28 de abril de 1859 – 12 de outubro de 1859 (finado no cargo)

Circunscrición electoral: Whitby (en) Traducir

Membro do 17º Parlamento do Reino Unido
27 de marzo de 1857 – 23 de abril de 1859 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Whitby (en) Traducir

Membro do 16º Parlamento do Reino Unido
7 de xullo de 1852 – 21 de marzo de 1857 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Whitby (en) Traducir

Membro do 15º Parlamento do Reino Unido
30 de xullo de 1847 – 1 de xullo de 1852 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Whitby (en) Traducir

Datos persoais
EducaciónUniversidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoConstrución Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro civil, político, enxeñeiro ferroviario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Salario base200 £ e 1.500 £ Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisGeorge Stephenson Editar o valor en Wikidata  e Frances Henderson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Stephenson-2618 Find a Grave: 18714 Editar o valor en Wikidata

Robert Stephenson nado o 16 de outubro de 1803 e finado o 12 de outubro de 1859 foi un enxeñeiro civil inglés e fillo único de George Stephenson, inventor da primeira locomotora de vapor práctica. Coñécese como deseñador de varias pontes e túneles, incluíndo o túnel de Kilsby, a ponte Britannia e a ponte ferroviaria de Conwy.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Estudou na Academia Bruce de Newcastle upon Tyne e na Universidade de Edimburgo. Comezou a traballar co seu pai nos seus proxectos ferroviarios, empezando pola liña de Stockton a Darlington.

En 1823 Robert fundou unha empresa xunto co seu pai e Edward Pease para construír locomotoras, a Robert Stephenson and Company, que fabricou unha boa porcentaxe das primeiras locomotoras do mundo, e estivo operativa até mediados do século XX. O edificio orixinal da fábrica aínda existe en Newcastle, hoxe Centro Robert Stephenson.

Tras o éxito da locomotora The Rocket, a compañía construíu outras para a liña férrea de Liverpool a Mánchester e outras como a de Leicester a Swannington.

En 1833 obtivo o posto de enxeñeiro xefe da London and Birmingham Railway, a primeira liña ferroviaria que entrou en Londres e o primeiro tramo da liña da costa oeste (West Coast Main Line). Este percorrido presentou un gran número de desafíos á ingeniería civil, sobre todo o Túnel Kilbsy, pero foi completado en 1838. Stephenson foi o responsable directo do túnel que atravesaba Primrose Hill. As primeiras locomotoras non podían afrontar a subida do tramo entre Euston e Chalk Farm, así que fixo falta que Stephenson idease un sistema para subir a costa que funcionaba mediante cadeas accionadas por un motor a vapor situado xunto a The Roundhouse.


Cabana en Killingworth onde creceu Robert. O reloxo de sol instalado por Robert e o seu pai pode verse sobre a porta principal
Deseño da locomotora The Rocket
The Rocket de Stephenson, que está exposta no Museo de Ciencias de Londres.


Robert Stephenson foi un experto recoñecido internacionalmente para cuestións ferroviarias. Por exemplo, foi asesor de Paulin Talabot, para a construción do ferrocarril do Gard, visitou o ferrocarril de Orleáns a Tours en Francia, e asesorou na construción da liña de Biscaia a Madrid.Tamén foi membro da Sociedade de estudos do Canal de Suez. No outono de 1850 viaxou por Suíza por encargo do Goberno federal para elaborar dictames sobre a rede ferroviaria prevista.

Entre 1851 e 1853 construíu o ferrocarril de Alexandría a O Cairo en Exipto, prolongado até Suez en 1858.

Construíu pontes famosas, como o High Level de Newcastle, a ponte Britannia, de seccións de ferro forxado, que cruzaba o Estreito de Menai; a ponte de Conwy, entre Llandundno e Conwy; o Viaduto Arnside de Cumbria; o Royal Border Bridge de Berwick-upon-Tweed e unha ponte para estrada e vía férrea de 1850 sobre o Río Nene en Sutton Bridge, Lincolnshire.

Un dos poucos erros na carreira de Stephenson foi o deseño da ponte Dee, que se afundiu mentres o cruzaba un tren. Foi duramente criticado por ese deseño, mesmo antes do desastre, pola mala elección dos materiais.

Como membro do Partido Conservador foi elixido membro do Parlamento por Whitby desde 1847 até a súa morte.

Morreu o 12 de outubro de 1859, pouco antes de facer 56 anos de idade. A pesar da súa rivalidade, Stephenson mantivo unha íntima amizade con Isambard Kingdom Brunel e axudáronse mutuamente en varios proxectos.

O Museo Ferroviario Stephenson en North Shields foi nomeado no seu honor e no do seu pai.


A morte de Robert foi profundamente lamentada en todo o país. O seu cortexo fúnebre recibiu o permiso da raíña para pasar por Hyde Park, unha honra previamente reservada á realeza. Emitíronse dúas mil entradas, pero 3000 homes foron admitidos no servizo na Abadía de Westminster, onde foi enterrado xunto ao gran enxeñeiro civil Thomas Telford. Os barcos no Támese colocaron as bandeiras a media hasta e 1.500 empregados de Robert Stephenson & Co. marcharon polas rúas de Newcastle para o seu propio servizo conmemorativo.[1] Deixou propiedades en mans de familiares, amigos e institucións como o North of England Institute of Mining and Mechanical Engineers.[2]

Ponte Britania
  1. Davies 1975, p. 287.
  2. Harding, J.T. (1986), "A History of the North of England Institute of Mining and Mechanical Engineers", The Mining Engineer - Journal of the Institution of Mining Engineers 146: 252–6

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]