Robert Zemeckis
Aparencia
Robert Lee "Bob" Zemeckis, nado en Chicago o 14 de maio de 1951, é un director de cine, produtor e guionista dos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zemeckis fíxose coñecido nos oitenta por dirixir as películas de Back to the Future (1985) como tamén Quen enganou a Roger Rabbit? (1988). En 1994 dirixiu Forrest Gump, película pola que lle darían un Óscar como director.
Os seus filmes caracterízanse pola utilización dos efectos especiais, como pode ser o uso temperá do match moving en Regreso ó futuro II (1989) e as técnicas pioneiras de captura de movemento realizadas en The Polar Express (2004), Beowulf (2007) e A Christmas Carol (2009).
Filmografía
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Como director
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Notas |
---|---|---|
1978 | I Wanna Hold Your Hand | Tamén guionista |
1980 | Used Cars | Tamén guionista |
1984 | Romancing the Stone | |
1985 | Back to the Future | Tamén guionista |
1988 | Who Framed Roger Rabbit | |
1989 | Regreso ó futuro II | Tamén guión |
1990 | Back to the Future Part III | Tamén guionista |
1992 | Death Becomes Her | |
1994 | Forrest Gump | Oscar ó mellor director |
1997 | Contact | |
2000 | What Lies Beneath | |
Cast Away | ||
2004 | The Polar Express | Tamén co-guionista |
2007 | Beowulf | |
2009 | A Christmas Carol | Tamén guionista |
2012 | Yellow Submarine | En progreso |
2012 | Roger Rabbit 2 | En progreso |
Outros:
- 1941 (1979) (co-guionista)
- Tales from the Crypt (1989-1996) (produtor executivo)
- The Frighteners (1996) (produtor executivo)
- Matchstick Men (2003) (produtor executivo)
- Monster House (2006) (produtor executivo)