Saltar ao contido

Roberto Castón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Castón
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, filoloxía e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, director de cinema, filólogo Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1954420 Allocine: 255151 Allmovie: p617169 BNE: XX903692 Editar o valor en Wikidata

Roberto Castón Alonso, nado na Coruña en 1973, é un director de cine galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de estudar Filoloxía hispánica na universidade de Santiago de Compostela[1], conseguiu unha praza de profesor de lingua española en Lisboa. Despois estudou cine en Barcelona e impulsou a creación en 2004 do festival de cine Zinegoak, de temática LGBT. Dende entón foi director deste festival, que se celebra en Bilbao. Despois de dirixir algunhas curtametraxes que se exhibiron en festivais de cine gai-lésbico, en 2009 estreou a súa primeira longametraxe, Ander, onde se narra unha historia de amor entre dous homes no rural vasco, e rodada en éuscaro.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Longametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Ander (2009)

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Maricón (2005)
  • La pasión según un ateo (2004)
  • En el nombre de Dios (2001)