Saltar ao contido

Rockall

Modelo:Xeografía políticaRockall
Imaxe

Localización
Mapa
 57°35′47″N 13°41′14″O / 57.596277777778, -13.687305555556
Territorio reivindicado porIrlanda Editar o valor en Wikidata
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ArquipélagoHébridas de Fóra Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Superficie0,0007843 km² Editar o valor en Wikidata
Medición0,0253 (ancho) × 0,031 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude23 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Instagram: rockall_expedition Editar o valor en Wikidata

Rockall é un pequeno farallón rochoso situado no océano Atlántico norte a máis de 300 km do territorio máis próximo, tamén coñecido polos mariñeiros galegos como O Con.[1]

Pertence ao Reino Unido. Cun diámetro de 27 m de ancho e unha altura duns 23 m posuíndo unha área actualmente emerxida de 570 , este pequeno illote adoita ser cuberto polas grandes ondas provocadas polas treboadas, especialmente no inverno. É o cumio dun volcán extinto.

Toponimia

[editar | editar a fonte]
Localización de Rockall

Segundo as fontes británicas o nome deste estratéxico illote deriva do gaélico escocés Sgeir (rocha no mar) e Rocail (rasgada), transcripto logo polos ingleses como "Roaring Rock" (en inglés: "Rocha ruxinte"), quedando finalmente a palabra gaélica rocail transformada en Rockall.

Importancia

[editar | editar a fonte]
Farallón Rockall

A súa importancia radica en que o Reino Unido, aínda que o illote non posúe unha zona económica exclusiva, reivindica para si o dereito sobre os recursos do leito submarino ao redor do farallón. Con todo esa reivindicación choca coas peticións sobre o mesmo territorio por parte de Islandia, Illas Faroe (Dinamarca) e Irlanda.

En 1997 a organización Greenpeace ocupou o illote en protesta pola exploración de xacementos petrolíferos por parte dos británicos. Cambiaron o seu nome a Waveland e proclamaron a súa independencia como un novo Estado. O goberno británico limitouse a autorizar a súa permanencia na rocha. O experimento durou ata 1999 no que colapsou por falta de fondos. Durante ese período chegou a ocuparse a rocha durante 42 días seguidos o que constitúe a marca de permanencia no illote. Nun número da revista Bravú, debuxantes e arquitectos galegos, como Manuel Gallego Jorreto,[2] propuxeron embaixadas galegas simbólicas de Galiza no mundo, entre elas un tríscele de granito en Rockall, como solidariedade con outro "país global".[3]

O 8 de febreiro de 2000, o barco oceanográfico inglés R.S.S. Discovery rexistrou unha onda de 29.1 metros, a maior onda medida ata o momento. O feito sucedeu nas proximidades do illote de Rockall durante un temporal con ventos de forza 9 e ondas de 18 metros de altura media.

En setembro de 2007 o estado británico deu a coñecer a súa pretensión de estender a soberanía sobre a área marítima ao redor de Rockall ata 350 millas náuticas (563,3 km).

  1. En Souto, Xurxo. (2014) Contos do Mar de Irlanda. [Vigo]: Xerais. ISBN 978-84-9914-699-7.
  2. Zabalbeascoa, Anatxu (2016-02-16). "“Un muelle, que une tierra y mar, es la arquitectura más rotunda”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-06-12. 
  3. Diario, Nós (2024-05-24). "Revista bravú". Nós Diario. Consultado o 2024-08-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]