Saltar ao contido

Rodocrosita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodocrosita
Cristais de rodocrosita
Fórmula químicaMnCO3
ClaseCarbonatos
Sistema cristalinoTriclínico
CorRosa, vermella, parda e agrisada
BrilloVítreo
Dureza3,5-4
FracturaIrregular
ExfoliaciónPerfecta, segundo as caras do romboedro basal
RaiaBranca
Densidade3,3-3,6 g/cm3

A rodocrosita (do grego rhodon que significa rosa) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é MnCO3 (contén aproximadamente un 61% de MnO).

A rodocrosita preséntase en forma de cristais de formas pouco definidas formando agregados empenados, radiados ou en forma de estalactitas e costras. A súa cor característica é a rosa aínda que tamén pode adoptar outras como a vermella ou a parda, sendo a máis rara a rodocrosita de cor gris.

Ademais a rodocrosita pode conter na súa composición diferentes elementos engadidos. Segundo a aparición destes, podemos diferenciar 3 minerais que forman parte da serie isomorfa da rodocrosita. Estes son o ferro (rodocrosita de ferro), o calcio (rodocrosita de calcio) e o zinc (rodocrosita de zinc).

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

Este mineral crece en filóns hidrotermais e en rochas metamórficas, facendo tamén aparición en zonas de oxidación. Adoita asociarse á limonita, á rhodonita e ó cuarzo.

Dous dos xacementos máis importantes do mundo atópanse na Arxentina e no Colorado (Estados Unidos).

En España podémola atopar en Huelva e Cáceres, en xacementos de silicatos de manganeso e calcita respectivamente.

Usos da rodocrosita

[editar | editar a fonte]

Debido a que ten unha gran concentración de MnO na súa composición, a rodocrosita é utilizada como mena para a extracción de manganeso.

É utilizada tamén en xoiería e como pedra ornamental.

Outros carbonatos

[editar | editar a fonte]

Outros carbonatos de importancia son a calcita e a aragonita.