Rodri Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alejandro Rodríguez Suárez 1974 (49/50 anos) A Coruña, España |
Alejandro Rodríguez Suárez, máis coñecido por Rodri Suárez, nado na Coruña en 1974 é un xornalista, guionista, escritor e asesor político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi xefe da sección de deportes de La Opinión A Coruña entre 2000 e 2007, xefe da sección de política en Xornal de Galicia (2008-2011), e traballou tamén en DxT Campeón, A Nosa Terra e Galicia Confidencial.[1] Amais colaborou en Radio Coruña, Diagonal, Luzes de Galiza, Sermos Galiza, Localia, El País e Cope Galicia[1]. Foi guionista do programa Selección Galega (TVG). Colabora como columnista en El Ideal Gallego.
Tras as eleccións municipais de 2015 e tras ser un dos líderes da campaña electoral da Marea Atlántica foi designado asesor técnico de tipo I de alcaldía no Concello da Coruña, como xefe do equipo de comunicación[2][3], após o nomeamento de Xulio Ferreiro como rexedor. O alcalde cesouno o 14 de xaneiro de 2018.[4][5] Rodri Suárez afirmou que as súas discrepancias con Iago Martínez, xefe de gabinete, foron o principal motivo do seu cesamento. Após algunha colaboración anterior, desde xullo de 2020 forma parte do persoal de confianza da alcaldesa da Coruña, a socialista de Inés Rey.[6]
En 2014 publicou Non temos medo, biografía da banda Os Diplomáticos de Monte-Alto. En 2024 escribiu Galicia Reducida. Crítica ao marco conservador e centralista do autogoberno galego. Escribiu a letra de dúas cancións interpretadas polos Diplomáticos de Monte Alto: "O son das túas ondas. Homenaxe ao Deportivo da Coruña" (2014)[7] e mais "Lume de biqueira", incluída no disco Capetón e no compilatorio Selección Xa!.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi accésit do premio de periodismo Albarelo en 2001 e gañou en 2019 o premio Pérez Lugín da Asociación de Prensa da Coruña, cuxa entrega se realizou en febreiro de 2020 no Palacio de María Pita.
Obra
[editar | editar a fonte]- Non temos medo. Historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto (2014). Ed. Nicetrip.[8]
- Galicia reducida. Crítica ao marco conservador e centralista do autogoberno galego (2024). Morgante. 192 páxs. ISBN 978-84-19040-15-2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Galicia Confidencial (GC) - Artigos de Rodri Suarez". www.galiciaconfidencial.com. Consultado o 2017-05-07.
- ↑ Xosé Gago (2016-02-28). "La Marea Atlántica gasta más de un millón al año en su personal de confianza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-07.
- ↑ "Equipo de Goberno - Marea Atlántica". Marea Atlántica. Consultado o 2017-05-07.
- ↑ "Ferreiro cesa a su jefe de prensa, que difería de la estrategia del jefe de gabinete". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-01-17. Consultado o 2023-02-13.
- ↑ SER, Cadena (2018-01-17). "Relevo en el círculo de confianza de Ferreiro". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-02-13.
- ↑ "Cambios en el gobierno, en la Administración y las alianzas". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-04. Consultado o 2023-02-13.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (2014-05-30). "Os Diplomáticos vuelven a Monte Alto". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-05-07.
- ↑ "“Os Diplomáticos e o Bravú constitúen o feito cultural máis importante en Galicia dende o grupo Nós”". Praza Pública. Consultado o 2017-05-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Rodri Suárez na web do Concello da Coruña Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- "O son das túas ondas. Homenaxe ao Deportivo da Coruña" en Spotify
- Artigos de Rodri Suárez en Sermos Galiza Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine.