Rodrigo Corrales
(2017) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Rodrigo Corrales Rodal 24 de xaneiro de 1991 (33 anos) Cangas, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 200 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | balonmanista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | balonmán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Ligue Nationale de Handball (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Goalkeeper (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2020 | Handebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) (3º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Rodrigo Corrales Rodal, nado en Cangas o 24 de xaneiro de 1991, é un xogador de balonmán galego. Xoga de porteiro e milita dende 2020 no Veszprém KC da Primeira División de Hungría.[1] Dende 2014 é internacional coa selección española,[2][3] coa que gañou dous Campionatos de Europa en 2018 e 2020, quedou terceiro nos Campionatos do Mundo de 2021 e 2023 e logrou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2020.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Cangas, fillo e neto de mariñeiros. Un dos seus avós competía en traiñeiras, e gañou en 1961 con Tirán o Campionato de España de Traiñeiras.[5] Durante a súa infancia practicou numerosos deportes, entre eles o fútbol, no que acostumaba a xogar de porteiro. Antes de acabar a Primaria comezou a xogar ao balonmán e entrou no Club Balonmán Cangas.[5]
Aos 15 anos deixou Cangas para fichar polo FC Barcelona. Xogou varios anos no filial e conquistou con este a División de Honra Prata na tempada 2011/12. Ao ano seguinte saíu cedido ao Huesca, da Liga ASOBAL, onde xogou durante dúas tempadas. Entre 2014 e 2017 xogou no Orlen Wisła Płock de Polonia adestrado por Manolo Cadenas, co que quedou tres veces subcampión da liga polaca e co que empezou a destacar de xeito internacional.[6]
En 2017 fichou polo Paris Saint-Germain, co que xogou tres tempadas, gañando nas tres ocasións a liga francesa. No equipo parisiense xogou como gardameta titular e foi elixido na tempada 2019/20 como o mellor porteiro da liga, despois de quedar segundo nas votacións na campaña anterior.[7]
Na tempada 2020/21 fichou polo Veszprém KC, da liga húngara.[8] Pouco despois da súa chegada disputou a Final Four da Liga SEHA da tempada anterior, que fora adiada por mor da pandemia de COVID-19. Conquistou o título e foi elixido mellor xogador da Final Four e mellor gardameta do torneo.[9]
Selección española
[editar | editar a fonte]Aínda que foi convocado en 2013 para un encontro amigable da selección española no partido das estrelas da Liga ASOBAL, o seu debut oficial produciuse en abril de 2014 contra a selección suíza.[10] Foi a partir de 2016, cando comezou a ocupar de xeito habitual a portería da selección, alternándose no posto co toledano Gonzalo Pérez de Vargas. En 2017 disputou o seu primeiro Campionato do Mundo, e no 2018 gañou o Campionato de Europa, revalidando o título na seguinte edición, en 2020.
En 2021 disputou o seu terceiro Mundial, rematando terceiro ao ser eliminado en semifinais pola Dinamarca de Niklas Landin. Foi convocado polo adestrador Jordi Ribera para os Xogos Olímpicos de Toquio, onde o equipo español, capitaneado por Raúl Entrerríos, acadou as semifinais, sendo de novo eliminado por Dinamarca. Logrou o bronce ao derrotar no partido polo terceiro posto ao combinado exipcio.[11]
En 2023 xogou o cuarto Mundial da súa carreira, acadando outra vez as semifinais e perdendo tamén nesta edición ante Dinamarca.[12] Volveu conseguir o terceiro posto, gañando a Suecia.[13]
Nos Xogos Olímpicos de 2024 repetiu o mesmo resultado de Toquio 2020 e regresou a Galicia coa súa segunda medalla de bronce.[14] A selección española de balonmán conseguiu o pase á fase eliminatoria como terceira do seu grupo e nos cuartos de final eliminou a Exipto. Xa en semifinais caeu ante Alemaña e no partido polo terceiro posto conseguiu vencer a Eslovenia.[14] Rodrigo Corrales alternou na portería con Gonzalo Pérez de Vargas e deste xeito converteuse no quinto deportista galego en sumar máis dunha medalla olímpica, despois de Ramos Misioné, David Cal, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo.
Clubs
[editar | editar a fonte]- F.C. Barcelona B (2006 - 2012)
- BM. Huesca (2012 - 2014)
- Orlen Wisła Płock (2014 - 2017)[15]
- PSG (2017 - 2020)[16]
- Veszprém KC (2020 - act.)
Palmarés
[editar | editar a fonte]FC Barcelona B
[editar | editar a fonte]- División de Honra Prata (1): 2010/11.
PSG
[editar | editar a fonte]- Liga de Francia (3): 2017/18, 2018/19, 2019/20.
- Copa da Liga (2): 2018, 2019.
- Copa de Francia (1): 2018.
Veszprém KC
[editar | editar a fonte]- Liga SEHA (2): 2019/20, 2020/21.
- Copa de Hungría (1): 2020/21.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]- Campionato de Europa (2): 2018, 2020.
- Medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2020.
- Medalla de bronce do Campionato do Mundo (2): 2021, 2023.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rodrigo Corrales". Scoresway. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Convocatoria para el Mundial de balonmano 2017". hand-station.
- ↑ "Convocatoria para el Europeo 2018". Marca.
- ↑ "España vence a Suecia y logra su primer Europeo". Marca. 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 García Calvo, Lorena (23 de outubro de 2017). "Rodrigo Corrales: «Empecé tarde, pero a tiempo»" (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ García Calvo, Lorena (13 de setembro de 2017). "Corrales se instala en el Olimpo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ "Lidl Starligue - L'équipe type de la saison !" (en francés). 27 de maio de 2020. Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ "El Veszprem húngaro hace oficial el fichaje de Rodrigo Corrales por cuatro años". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de decembro de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ "Corrales, 'MVP' en el triunfo del Veszprém húngaro en la Liga SEHA 2019/20". Marca (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ "Rodrigo Corrales debutó con España en un torneo oficial". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de abril del 2014. p. 15.
- ↑ "Rodrigo Corrales acada o bronce coa selección española de balonmán". CRTVG. 7 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "España pierde frente a Dinamarca en las 'semis' del Mundial de balonmano y luchará por el bronce" (en castelán). 27 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ Jorge, Miguel (29 de xaneiro de 2023). "Los Hispanos logran la medalla de bronce en el mundial de balonmano". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ 14,0 14,1 Carrazoni Mier, Yuri (13 de agosto de 2024). "O cangués Rodrigo Corrales logra o seu segundo bronce olímpico". Nós Diario. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Rodrigo Corrales ficha por el Wisla Plock". balonmano.mforos.mobi.
- ↑ "Rodrigo Corrales ficha por el PSG". Mundo Deportivo. 15 de xaneiro de 2016.
- Nados en Cangas
- Nados en 1991
- Xogadores de balonmán olímpicos de Galicia
- Xogadores de balonmán olímpicos de España
- Medallistas olímpicos de Galicia
- Medallistas olímpicos de bronce por España
- Medallistas olímpicos en balonmán
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2020
- Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2024