Carlos Arévalo
Nome orixinal | (es) Carlos Arévalo López |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de decembro de 1993 (31 anos) Betanzos, España |
Altura | 190 cm |
Peso | 89 kg |
Actividade | |
Ocupación | caiaquista, militar |
Carreira militar | |
Rango militar | soldado (en) |
Deporte | piragüismo |
Disciplina deportiva | Piragüismo en augas tranquilas |
Participou en | |
2024 | Xogos Olímpicos de 2024–Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2024 - K-4 500 m masculino (pt) (medalla de prata olímpica) |
2019 | 2019 ICF Canoe Sprint World Championships (en) |
2017 | 2017 Canoe Sprint European Championships (en) |
2017 | 2017 ICF Canoe Sprint World Championships (en) |
2015 | 2015 ICF Canoe Sprint World Championships (en) |
2015 | Canoagem nos Jogos Europeus de 2015 (pt) |
2013 | 2013 Canoe Sprint European Championships (en) |
2013 | 2013 ICF Canoe Sprint World Championships (en) |
Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - K-4 500 m masculino (pt) (2º) | |
Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - K-1 200 m masculino (pt) (5º) | |
Carlos Arévalo López, nado en Betanzos o 6 de decembro de 1993, é un militar e deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Foi dúas veces campión do mundo e unha vez campión europeo, e gañou unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2020.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de gañar varias medallas internacionais en categorías inferiores,[1] participou en 2013 e 2014 tanto no Campionato Europeo como Campionato Mundial absolutos, alternando o K2 200 metros cos relevos do K1 4x200 m. En 2015 competiu nos primeiros Xogos Europeos, en Bakú, quedando ás portas das medallas ao rematar cuarto na final de K2 200, con Cristian Toro como compañeiro.[2] Ao ano seguinte disputou o Mundial sub-23 en Minsk, conquistando a medalla de bronce no C1 200 m.[3]
Tras non conseguir unha praza para os Xogos Olímpicos de 2016 no Río de Xaneiro, pensou en deixar a competición de máximo nivel. Centrouse entón en entrar no Exército e tras unha longa paréntese comezou a prepararse para loitar por un posto nos Xogos Olímpicos de 2020.[4]
En 2019, en Szeged, proclamouse subcampión do mundo na proba de K4 500 metros, formando equipo con Saúl Craviotto, Rodrigo Germade e Marcus Walz. Acabaron a medio segundo da embarcación alemán de Max Rendschmidt, Ronald Rauhe, Tom Liebscher e Max Lemke.[5] Con este mesmo equipo logrou en marzo de 2021 clasificarse para a proba de K4 500 m dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, só uns días despois de lograr unha praza tamén para o K1 200 m.[6][7]
Comezou a súa participación olímpica en Toquio no K1 200, quedando segundo na primeira serie e terceiro nas semifinais, e meténdose así nunha final na que conseguiu un diploma olímpico ao acabar na quinta posición, a menos de dúas décimas das medallas.[8] Na proba de K4 500m, de novo con Germade, Walz e Craviotto, clasificáronse para as semifinais como primeiros da súa serie e metéronse na final ao acabar as semifinais tamén na primeira posición.[9] Xa na regata final, colocáronse na primeira posición dende a saída, pero foron adiantados nos metros finais pola piragua alemá, formada polos mesmos piragüistas contra os que perderan o Mundial de 2019, obtendo deste xeito a medalla de prata.[10]
A súa consagración chegou no Campionato Mundial de 2022 celebrado na cidade canadense de Dartmouth, de onde regresou con dúas medallas de ouro,[11] converténdose no primeiro español en logralo.[4] Competiu primeiro no K-4 500m, xunto ao seu equipo habitual, conseguindo a vitoria na final por diante do cuarteto alemán.[12] Un día despois disputou a final do K-1 100m, onde obtivo o seu segundo ouro, ao impoñerse na meta ao sueco Petter Menning e ao húngaro Kolos Csizmadia.[11] En 2023 participou co mesmo equipo de K4 500 nos Xogos Europeos en Cracovia, que no referente ao piragüismo funcionaron como un Campionato Europeo, e conseguiron o ouro por diante dos ucraínos e os serbios.[13]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2021 | Toquio | Prata | K4 500 m |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2019 | Szeged | Prata | K4 500 m |
2022 | Dartmouth | Ouro | K4 500 m |
Ouro | K1 100 m | ||
Campionato Europeo | |||
2023 | Cracovia | Ouro | K4 500 m |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dos bronces para Arévalo en el Europeo sub-23, uno en el K-2 con Isaac Toro". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 2012. p. 42.
- ↑ "Resultados Baku 2015". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 7 de xaneiro de 2020.
- ↑ "El coruñés Carlos Arévalo, bronce en el Mundial sub 23". La Opinión A Coruña (en castelán). 31 de xullo de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "El remo de Carlos Arévalo hace historia en Canadá". El País (en castelán). 3 de setembro de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Resultados de Szeged 2019" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2020.
- ↑ Varela, María (23 de marzo de 2021). "Arévalo se confirma también en el K4". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ "Carlos Arévalo, de Betanzos a Tokio". DxT Campeón (en castelán). 5 de marzo de 2021. Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ Alonso, Paulo (5 de agosto de 2021). "Carlos Arévalo, quinto en la final de K1 200 de Tokio, a una décima del podio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ Alonso, Paulo (7 de agosto de 2021). "Galicia luce como potencia mundial con la plata del K4 500 en Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "El K4 500 liderado por Craviotto es de... ¡Plata!" (en castelán). 7 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ 11,0 11,1 "Histórico ‘doblete de oro’ de Carlos Arévalo en el Mundial de Piragüismo". El Correo Gallego (en castelán). 8 de agosto de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Arévalo y Germade, campeones del mundo; Portela, plata". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de agosto de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Los gallegos Rodrigo Germade y Carlos Arévalo, oro en el K4 500 de los Juegos Europeos de Cracovia". Faro de Vigo (en castelán). 23 de xuño de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do deportistaArquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine. na páxina do Comité Olímpico Español (en castelán).
- Carlos Arévalo en CanoeResults.eu (en inglés).
- Nados en Betanzos
- Nados en 1993
- Piragüistas de Galicia
- Piragüistas olímpicos de Galicia
- Piragüistas olímpicos de España
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2024
- Medallistas olímpicos de Galicia
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas olímpicos en piragüismo
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024