Saltar ao contido

Rodrigo Lanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodrigo Lanza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Viña del Mar (Chile) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndelincuente, asasino, activista Editar o valor en Wikidata
Outro
NaiMariana Huidobro Editar o valor en Wikidata
ParentesSergio Huidobro, avó materno Editar o valor en Wikidata
Condenado porasasinato (2019) Editar o valor en Wikidata

Rodrigo Andrés Lanza Huidobro, nado en Viña del Mar o 8 de novembro de 1984 é un activista antisistema chileno-italiano.[1] Lanza é coñecido pola súa participación no filme documental Ciutat Morta (2013) que recolle os sucesos do caso 4F, no cal Lanza foi un dos acusados.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rodrigo Lanza foi un dos acusados do caso 4F, que se refire aos feitos acontecidos o 4 de febreiro de 2006 na rúa Sant Pere Mès Baix 55 do distrito de Ciutat Vella,[2][3] en Barcelona. Durante os feitos do Caso 4F un policía que patrullaba no exterior[4] dunha festa multitudinaria quedou tetrapléxico[5] tras ser golpeado por un obxecto. A policía comezou a deter persoas na rúa entre eles tres homes de ascendencia latinoamericana con pasaporte europeo, concretamente Álex Cisternas, Rodrigo Lanza e Juan Pintos,[6][4] e en total, foron detidas nove persoas.[7] Segundo o testemuño posterior de Lanza e Pintos, os tres homes foron golpeados e torturados na comisaría; as súas feridas eran tan graves que foron levados ao Hospital do Mar.[6] No hospital, os policías atopáronse con Patricia Heras e Alfredo Pestenas, que acudiran alí tras un accidente de bicicleta noutro lugar da cidade; revisaron os seus teléfonos e decidiron arrestalos tamén.[6] Nun xuízo dous anos despois, Lanza foi unha das sete persoas condenadas, unha das cales finalmente foi indultada. En apelación ante o Tribunal Supremo, as penas foron alongadas e Patricia Heras suicidouse.[8][9]

O caso 4F causou polémica e deu lugar a un filme documental, Ciutat Morta,[5] que argumentaba que os condenados non eran os responsables da lesión do policía. O filme foi visto máis de 500.000 veces na televisión catalá, o que provocou un novo debate tanto sobre o caso como sobre cuestións máis xerais como a violencia policial e a xentrificación en Barcelona.

Condenas posteriores

[editar | editar a fonte]

Rodrigo Lanza foi encarcerado durante cinco anos logo dunha liorta de bares en Zaragoza en 2017 cun home que era membro do partido de extrema dereita Falange Española de las JONS dende os anos 80. O home foi golpeado e caeu, morrendo despois polas feridas. En 2020, a pena de Lanza aumentou a 20 anos e dous anos despois reduciuse a 18,5.[10][11]

  1. "Así es Rodrigo Lanza, un antisistema reincidente que ha cambiado de aspecto para ser juzgado por asesinato". 20minutos.es. 26 de novembro de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2025. 
  2. Debelle 2018.
  3. Luesma 2016.
  4. 4,0 4,1 Woods Peiró 2018.
  5. 5,0 5,1 Benvenuty, Luis; Figueredo, Enrique (23 de xaneiro de 2015). "Ciutat Morta: Historias tras la película del 4F". La Vanguardia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "El caso más grave de torturas en Barcelona, silenciado por los medios". Publico. 28 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  7. "Ciutat morta sorgeix de la ràbia". Llibertat (en catalán). 2 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  8. Oller, Xavier (9 de xuño de 2013). "Noticia do 3/24". 
  9. "Una de les preses del 4F se suïcida després de sis mesos en presó". Vilaweb. 27 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2015. 
  10. Palmer, Jordi (23 de setembro de 2020). "Rodrigo Lanza, condemnat a 20 anys pel crim dels tirants". El Nacional (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  11. Rincón, Reyes (15 de marzo de 2022). "El Supremo reduce la pena a Rodrigo Lanza por el 'crimen de los tirantes' al no poder probar que actuara por motivos ideológicos". El País (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]