Saltar ao contido

Rodrigo de Villandrando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodrigo de Villandrando
Biografía
Nacemento1386 Editar o valor en Wikidata
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1457 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra dos Cen Anos Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMaria de Villandrado Editar o valor en Wikidata
PaisPedro de Villandrado Editar o valor en Wikidata  e Agnès de Corral Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
Escudo de armas do condado de Ribadeo.

Rodrigo de Villandrando, conde de Ribadeo e vizconde da Illa (Entrimo), nado en Valladolid en 1378[1] e finado na mesma cidade en 1448, foi un militar e aristócrata castelán.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou na guerra entre Pedro I e Henrique de Trastámara a favor do segundo, e despois diso marchou a Francia e participou na Guerra dos Cen Anos a favor de Carlos VII, participando, aínda así, nos saqueos á poboación civil, comúns nesa guerra. Tivo fama de gran guerreiro e home honorable, grazas á súa actitude leal para os seus señores.[2]

Xoán II concedeulle o condado de Ribadeo, ó seu regreso da guerra, como pago polo seu apoio á casa dos Trastámara. Logo disto, Rodrigo amosou de novo a súa fidelidade ó rei ó liberalo dunha conspiración que pretendía facelo prisioneiro en Toledo. Esta acción deulle o privilexio de comer na mesa do rei e recibir o traxe que este poñía o día da súa onomástica, honra que segue recaendo na casa de Alba.[2]

Participou nos avatares do reinado de Xoán II, principalmente na caída do valido Álvaro de Luna, grazas á súa influencia sobre o rei.[2]

Casou con Margarida de Borbón, e, en segundo casamento, con Beatriz de Zúñiga, coa que tivo o seu primoxénito Pedro, que foi o seu sucesor no título ó seu falecemento en Valladolid en 1448.[2]

Non hai ningún documento que indique que Rodrigo se achegase ó seu condado, pero si hai documentación do seu apoio a potenciar o porto de Ribadeo como saída a Inglaterra e Europa.[2]

Tamén é autor de varios poemas que se conservan no cancioneiro de Hernando del Pulgar.[2]

  1. Aínda que antes se cría que nacera en Galicia en 1388, cousa que desmentiu o historiador Antonio María Fabié. (Gran Enciclopedia Galega)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Entrada “Villandrando, Rodrigo de” na GEG.