Román de Antioquía
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século III |
Morte | 303 (Gregoriano) Antioquía do Orontes, Turquía |
Actividade | |
Ocupación | Diácono |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de novembro |
San Román de Antioquía[1], tamén chamado San Román de Cesarea[1], foi un diácono cristián de Siria. Sufriu martirio no ano 303, no tempo das persecucións do emperador Galerio aos cristiáns.
Biografía
[editar | editar a fonte]Segundo o relato de Aurelio Prudencio, durante as torturas que sufriu a mans de Asclepíades, quen tentara arrasar a súa igrexa en Siria, cortáronlle a lingua coa finalidade de que non seguise instando á conversión dos pagáns. A tradición cristiá atribúe a san Román o feito milagroso de que seguiu falando sen lingua. Un neno que o presenciou, chamado Várula (ou Várulas), comezou a proclamar a divindade de Cristo, o que o levou a ser torturado e decapitado diante da súa propia nai.
O himno de Aurelio Prudencio, con case mil versos compostos a finais do século IV, é unha das fontes do seu martirio. Outros historiadores eclesiásticos relataron o martirio máis tarde. O milagre de poder falar despois de amputarse a lingua era un lugar común no martiroloxía cristiá e aínda antes, xa que a lingua era considerada un instrumento ideal para enxalzar a divindade.
Iconografía
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Román de Antioquía |
Non existen moitas imaxes de San Román na iconografía cristiá. A máis coñecida é a de Francisco de Zurbarán en 1638 para a igrexa de San Román en Sevilla ( España ).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-04.