Romualdo II de Benevento
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII ![]() |
Morte | 732 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Outro | |
Título | Duque de Benevento (706–732) ![]() |
Familia | Gausos ![]() |
Fillos | Xisulfo II de Benevento ![]() |
Pais | Xisulfo I de Benevento ![]() ![]() |
![]() |
Romualdo II o Novo, finado en 732[1], foi o fillo de Xisulfo I e Winiperga. Sucedeuno como duque de Benevento á súa morte, que aparece datada diferentemente segundo as fontes 698, 706, ou 707.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo Paulo Diácono, Xisulfo reinou dezasete anos, cousa que implicaría que morreu no 698, pero Paulo tamén fai mención de accións que parece que acaeceron certamente sobre o 705. Dálle a Romualdo un reinado de 26 anos, o que sitúa a súa morte en 724, 731, ou 732.
Romualdo entrou en conflito tanto co Ducado de Spoleto como co Ducado de Nápoles durante o seu longo reinado. O conflito con este último levouno a un enfrontamento co papado tamén. Tomoulle o remoto castelo de Cumas a Xoán I de Nápoles en 716 e ignorou as peticións do papa Gregorio II e as súas ofertas de compensacións se o restituía. En 717, o papa apoiou a expedición de Xoán que venceu definitivamente o exército do seu gastaldo e desprazou aos seus homes de Cumas.

Romualdo casou dúas veces: primeiro con Guntberga (ou Gumperga), filla de Aurona, irmá do rei Liutprando e despois con Ranigunda, filla do Duque Gaidualdo de Brescia. Sucedeuno o fillo que tivo con Gumperga, Xisulfo II, pero era menor de idade e foi desprazado polo usurpador Adelais, aínda que se lle perdoou a vida.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lexikon des Mittelalters: Romuald II. Herzog von Benevent (698-724).
- Paulo Diácono. Historia Langobardorum. Dispoñíbel en Northvegr.
Ducado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Xisulfo I de Benevento |
Romualdo II de Benevento | Precede a: Adelais de Benevento |
- |