Saltar ao contido

Cumas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCumas
Imaxe

Localización
Mapa
 40°50′55″N 14°03′13″L / 40.84861, 14.05361
PaísItalia
RexiónCampania
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Nápoles
ConcelloBacoli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Disolución1207 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
553Siege of Cumes (en) Traducir
474 a. C.Battle of Cumae (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Sitio webcir.campania.beniculturali.it… Editar o valor en Wikidata
Ruínas do templo de Zeus en Cumas

Cumas (e grego: Κύμη ou Κύμαι, en latín: Cumae, en italiano: Cuma) foi unha antiga colonia grega fundada sobre o -750 na Campania, a preto de vinte quilómetros de Nápoles, en Italia.

Foi a primeira colonia grega fundada na Península Itálica, segundo o relato de Estrabón. Os colonos eran oriúndos da Calcidia, en Grecia, pero xa se estableceran algúns anos antes na illa de Pitecusa (moderna Isquia), situada fronte a Cumas. A cidade había fundar colonias propias: Zancle (moderna Messina, fundada en -725) e Nápoles (fundada en -600 e cuxo nome significa "nova polis")

A cidade estableceu relacións comerciais cos etruscos, aos que fornecía produtos como vasos de cerámica de Corinto, así como bens provenientes de Siria e Fenicia. Cumas chegaría tamén a se ver envolta en conflitos cos etruscos.

No -524 Aristodemo derrotou os etruscos, converténdose en tirano da cidade. En -474, aliada a Siracusa gobernada por Hierón I, Cumas conseguiu derrotar os etruscos nunha batalla naval. Con todo, os samnitas, un pobo de Italia, tomaron a cidade en -428 (ou -421). A cultura grega desapareceu entón da localidade.

Cumas foi conquistada por Roma en -338, e volveuse unha cidade pouco relevante durante o imperio romano. No 716 foi conquistada polo duque de Benevento Romualdo II, permanecendo no seu poder ata 717, data na que foi reconquistada polo duque de Nápoles, Xoán I. Sobreviviu ata 1205, ano en que foi destruída.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]