Ronny Persson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1966 (58 anos) Kramfors, Suecia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | skier (en) , esquiador alpino, atleta paralímpico, wheelchair curler (en) , curler (pt) |
Nacionalidade deportiva | Suecia |
Deporte | esquí alpino wheelchair curling (en) |
Man de xogo | destro |
Participou en | |
marzo de 2022 | Jogos Paralímpicos de Inverno de 2022 (pt) |
marzo de 2018 | Jogos Paralímpicos de Inverno de 2018 (pt) |
marzo de 2002 | Jogos Paralímpicos de Inverno de 2002 (pt) |
marzo de 1998 | Jogos Paralímpicos de Inverno de 1998 (pt) |
Bo "Ronny" Michael Persson,[1] nado en Kramfors, condado de Västernorrland o 11 de agosto de 1966, é un esquiador alpino paralímpico e xogador de curling en cadeira de rodas sueco.[2]
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Como esquiador alpino (clase LW10: sentado, con paraplexía, sen ou con algunha función abdominal superior e sen equilibrio funcional sentado) participou nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 1998 celebrados en Nagano (no Xapón) onde gañou unha medalla de bronce en descenso, e nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2002 de Salt Lake City (nos Estados Unidos) onde gañou tres medallas de prata en slálom, slálom xigante e super-G, e unha medalla de bronce en descenso.
Antes dos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2006 de Turín (Italia) a idea era que Ronny terminaría a súa carreira alpina ao gañar un ouro paralímpico, o que fixo na maioría dos mundiais. Mais unha lesión que conduciu a unha infección grave e intoxicación sanguínea puxo fin a estes plans.
Despois dalgúns anos sen practicar deporte algún, comezou a súa carreira no curling en cadeira de rodas en 2013.[3]
Como curler de cadeira de rodas, participou nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2018 de Pieonchang (Corea do Sur) onde o equipo sueco terminou no décimo lugar. Ademais nestes xogos foi portador da bandeira sueca na cerimonia de apertura.[4]
En 2004 recibiu un nomeamento para o Premio Laureus para o deportista con discapacidade do ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bo Ronny Michael Persson (Stockholm, 53 år) - Merinfo.se". www.merinfo.se (en sueco). Consultado o 22 de xullo de 2020.
- ↑ "Ronny Persson. Personal details". results.worldcurling.org (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2020.
- ↑ "Stockholm » Ronny glider fram mot VM och Paralympiska spelen". rtps.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2020. Consultado o 22 de xullo de 2020.
- ↑ Burman, Roger (12 de marzo de 2018). "Paralympiern Ronny Persson: "Curling? Jag är ju en störtloppskille!"". Sveriges Radio (en sueco). Consultado o 22 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ronny Persson no Comité Paralímpico Internacional (en inglés)
- Ronny Persson na Federación Internacional de Curling (en inglés)