Rosario Montes Estrada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Los Barreros, España |
Morte | 26 de novembro de 1937 (38/39 anos) Langreu, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Rosario Montes Estrada, nada en Los Barreros (Llaviana) cara a 1898 e finada en Vindoria (Langreu) o 26 de novembro de 1937, coñecida como «Rosario la del prau nuevu», foi unha española represaliada polo franquismo durante a guerra civil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Montes naceu en Los Barreros (Llaviana) a finais do século XIX.[1][2] Casou con Ramón Suárez, labrador e transportista de madeira e carbón, e tiveron 6 fillos.[2] Cando estalou a guerra civil española, Montes formou parte da vangarda da retagarda. Xunto a outras mulleres encargouse do hospital de sangue e dos talleres de roupa onde se confeccionaban os uniformes.[3]
Tras a caída de Asturias durante a guerra civil, foi detida e levada ao cuartel de Los Barreros e ao cárcere de La Pontona (Llaviana). Foi violada e brutalmente torturada estando embarazada de 8 meses.[2] O seu marido pagou unha gran cantidade de diñeiro a cambio da liberdade de Montes, mais os captores non cumpriron o trato.[2]
Finalmente, foi levada o 26 de novembro de 1937 nun camión que saíu de La Pontona cara ao cárcere de Oviedo.[4] O vehículo detívose na paraxe de Vindoria, entre Ciañu e L'Entregu, onde Morán foi fusilada xunto con outros 7 detidos, tres homes e catro mulleres.[2][3] Tiña 39 anos.[2] O seu cadáver foi atopado xunto ao da súa filla nonata, aínda unidas polo cordón umbilical, xunto á estrada da costa de Vindoria.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2010 instalouse un monólito na Costa Vindoria en recordo de Montes e das outras sete persoas asasinadas polos franquistas na paraxe: Joaquina Antuña Morán, Julia Morán, Jesusa Alonso Cantora, Ángele Norniella Rebollada, José Suárez Rodríguez, Luis Alonso Alonso e Avelino Hevia.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Esquela de D.ª Rosario Montes Estrada". Esquelas de Asturias - La Nueva España (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Mapa". Amiga Date Cuenta (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Peláez, E. (18 de abril de 2010). "Vindoria, la cuesta de los fusilaos". La Nueva España (en castelán) (Pola de Laviana). Consultado o 14 de novembro de 2024.
- ↑ "Oleada de actos vandálicos contra monumentos de la Memoria Histórica". La Voz de Asturias (en castelán). 12 de novembro de 2018. Consultado o 14 de novembro de 2024.
- ↑ Peláez, E. (27 de novembro de 2016). "El PSOE rinde homenaje a los ocho asesinados de la Cuesta Vindoria". La Nueva España (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez Campal, Rosa del Carmen (2010). El crimen de Vindoria (en castelán). FSA PSOE.