Saltar ao contido

Rotgaudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRotgaudo
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Morte776 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Friúl (774–776) Editar o valor en Wikidata

Rotgaudo (ou Hrodgaud) (? – post 776) foi duque longobardo de Friúl do 774 ao 776, en asociación con Pedro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Son moi escasas as informacións sobre o seu ducado. Moi probabelmente era xa duque no reinado de Desiderio, mesmos e algunhas fontes francas (os Einhardi annales) refiren que na súa instalación no trono de Cividale estivo Carlomagno, preto xa da súa conquista da Langobardia Maior (774). Pouco máis tarde, (775), o duque rebelouse contra o soberano, rompendo os xuramentos de fidelidade estreitados co rei franco. Se cadra esta acción tería que encadrarse nunha máis vasta conxura, denunciada polo Hadrián I, na que estarían tamén os bizantinos, Arechis II (duque de Benevento), Rexinbaldo (duque de Chiusi), Hildeprando (duque de Spoleto) e que buscaba devolver a Adelchis no trono longobardo. Carlomagno en todo caso pasou rapidamente os Alpes e conxurou a revolta, derrotando a Rotgaudo, que morre nun campo de batalla. Os únicos duques que apoiaron a Rotgaudo foron Gaido (duque de Vicenza) e Estabilinio (duque de Treviso). Xusto nesta última cidade, Carlomagno celebrou a Pascua o 14 de abril de 776, sancionando a derrota total dos revoltosos. Moitos nobres rebeldes foron deportados a Francia (entre eles Arichis, o irmán de Paulo Diácono), mentres os seus bens foron confiscados (como no caso de Waldando e Aión).

Tras a deposición de Rotgaudo o ducado foi entregado a personalidades fieis ao emperador, no cadro dunha máis ampla reordenación dos seus dominios co pase dos ducados longobardos a condados francos.

  • Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán, 1992).
  • Annales Regni Francorum, in Annales Regni Francorum qui dicuntur Annales Laurissenses Maiores et Einhardi, ed. F. Kurze, Monumenta Germaniae Historica, Scriptores rerum Germanicarum separatim editi 6, Hannoverae 1895 (rist. 1950)
  • Codex Carolinus, ed. W. Gundlach, Monumenta Germaniae Historica, Epistolae III, Berolini 1892, pp. 469–657

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jörg Jarnut, Storia dei Longobardi (Torino, Einaudi 2002)
  • H. Krahwinkler, Friaul im Frühmittelalter: Geschichte einer Region vom Ende des fünften bis zum Ende des zehnten Jahrhunderts, Wien, 1992.
  • S. Gasparri, Il passaggio dai Longobardi ai Carolingi, in Il futuro dei Longobardi. L'Italia e la costruzione dell'Europa di Carlo Magno, Catalogo della mostra, a cura di C. Bertelli, G. P. Brogiolo, Milán, 2000.