Saltar ao contido

Rotonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea dunha rotonda en Alemaña

Unha rotonda[1] ou glorieta[2] é un tipo de cruzamento de vías que, mediante un anel de circulación circular e unha regulación axeitada das prioridades de paso, permite un fluxo fluído do tráfico.

En Galicia o sinalizado dunha rotonda está regulado pola Instrucción de Carreteras Norma 8.1 .[3]

Seguridade

[editar | editar a fonte]
P-4. Sinal que indica perigo pola proximidade dunha intersección con circulación xiratoria R-402. Sinal que indica o sentido de xiro dunha intersección de sentido xiratorio obrigatorio Diagrama mostrando os puntos onde poderían suceder accidentes ou choques nunha rotonda (esquerda) e nunha intersección convencional (dereita).

Unha rotonda consiste nunha nunha vía circular á que se unen varias vías e sobre a que son de aplicación dúas sinxelas regras:

  1. O sentido de xiro no anel ou vía circular nos países onde se conduce polo lado dereito é cara a esquerda ou antihorario.
  2. Teñen a prioridade aqueles vehículos que xa están a circular dentro da rotonda (prioridade á esquerda se a norma obriga circular pola dereita y viceversa), ao contrario dos cruces normais.

Unha rotonda obriga a controlar a velocidade dos vehículos que a atravesen, xa que o radio da mesma obrígaos a non superar certa velocidade (para non envorcar), e con tráfico baixo o medio reduce os retardos para atravesala ao evitar as detencións en semáforos.

Desvantaxes

[editar | editar a fonte]

En vías de dous ou máis carrís, o sistema presenta complicacións polo cruzamento de vehículos ao incorporarse ou abandonar a rotonda debido á falta de pericia de algúns condutores, especialmente cando o condutor non usa os intermitentes. Para evitar estes problemas e aumentar a capacidade da rotonda, nos Países Baixos desenvolveuse a turborrotonda.

En vías con tráfico denso ou moitas rotondas concatenadas, as continuas manobras de incorporación e abandono da rotonda, xunto co cambio e vixilancia da velocidade, causan cansazo no condutor e supóñenlle un estrés adicional.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rotonda.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para glorieta.
  3. "Señalización vertical Instrucción de Carreteras Norma 8.1-IC" (PDF). Ministerio de Fomento. pp. 187 a 191. Consultado o 8 de agosto de 2024.