Rotorua
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Reinos da Commonwealth | Nova Zelandia | |||
Rexión | Rexión da Baía de Plenty | |||
Distrito | Rotorua District (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 54.500 (2018) (20,84 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 2.614,9 km² | |||
Bañado por | Lake Rotorua/Te Rotorua nui ā Kahumatamomoe (en) | |||
Altitude | 280 m | |||
Creación | 1883 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3010, 3015 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | rotoruanz.com |
Rotorua (chamada Te Rotorua-nui-a-Kahumatamomoe en maorí) é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia. En 2010 tiña unha poboación estimada de 55.900 habitantes. A cidade está situada na rexión de Bay of Plenty, na beira do Lago Rotorua.
Turismo
[editar | editar a fonte]A súa principal industria é a do turismo. A actividade xeotermal da zona fai que existan numerosos geysers, augas termais e pozas de lama quente, que atraen a turistas do país e do estranxeiro. O principal balneario da cidade é o Polynesian Spa.
Preto da cidade está a reserva natural do Val volcánico de Waimangu, orixinado pola erupción da parte norte do Monte Tarawera o 10 de xuño de 1886.
Outro dos atractivos da cidade é o Museo de Arte e Historia de Rotorua, creado en 1988.
Deporte
[editar | editar a fonte]O principal deporte da cidade, ó igual que no resto do país, é o rugby. A cidade conta cun equipo que disputa cada ano a ITM Cup, o Bay of Plenty, campión en 1976, que xoga os seus encontros como local no Rotorua International Stadium. Este estadio acolleu 1 encontro da Copa do Mundo de Rugby 1987, e acollerá outros 3 na Copa do Mundo de Rugby 2011.
En 2006 celebrouse en Rotorua a 17ª edición do Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rotorua |