Saltar ao contido

Rotuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRotuma
Imaxe

Localización
Mapa
 12°30′S 177°05′L / -12.5, 177.08
País insularFidxi Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaLíngua rotumana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie46 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude128 m Editar o valor en Wikidata
Creación1881 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FJ-R Editar o valor en Wikidata

Sitio webrotuma.net Editar o valor en Wikidata
Imaxe por satélite de Rotuma- NASA NLT Landsat 7

Rotuma é unha illa volcánica do Pacífico Sur, pertencente ás Illas Fidxi. Cuns illotes próximos forman unha dependencia, tendo a maior autonomía dunha subdivisión en Fidxi, debido a que os seus habitantes teñen unha cultura máis parecidas ás illas polinesias do leste como Tonga, Samoa... Ademais conta cunha lingua distintiva. Estas illas montañosas, cubertas de vexetación, con abundantes precipitacións están situadas nas coordenadas 12º35'S 177º10'E, aproximadamente a 465 quilómetros ao norte de Fidxi. A illa de Rotuma mide 13 quilómetros de longo e 4 de ancho, cunha área de 43 km². A súa poboación en 1996 (censo) era de 2.810. Debido ao seu tradicionalismo os seus habitantes opóñense á chegada do turismo. Practícase unha agricultura de subsistencia. A copra representa a maior produción da illa. Ahau é a capital e Motusa a principal cidade e porto. Foi descuberta por un capitán de mariña británico Edward Edwards en 1791 e anexionada por Gran Bretaña en 1881.