Roxo vivo
A práctica do uso de cores para determinar a temperatura dunha peza de metal (normalmente) ferroso procede dos ferreiros. Moito antes de que os termómetros estivesen amplamente dispoñíbeis, era necesario na metalurxia saber en que estado se atopaba o metal para o seu tratamento térmico e o único xeito de facelo era quentalo até unha cor que se sabía mellor para o traballo.
O termo roxo, aínda que recentemente variou o seu matiz semántico, tanto en galego como en portugués, en ambos designaba até unha época relativamente recente a cor vermella (como en inglés red hot e red heat, e en castelán rojo vivo) e en particular a cor dos corpos incandescentes.[1][2] En galego tamén se emprega a expresión "a lume vivo".
Chapman
[editar | editar a fonte]Segundo o Workshop Technology de Chapman, as cores que poden ser observadas no aceiro son:[3]
Cor | Temperatura [°C] | Temperatura [°F] | ||
---|---|---|---|---|
Desde | A | Desde | A | |
Vermello negro[4] | 426 | 593 | 799 | 1100 |
Vermello moi escuro | 594 | 704 | 1100 | 1299 |
Vermello escuro | 705 | 814 | 1300 | 1497 |
Vermello de cereixa | 815 | 870 | 1498 | 1598 |
Vermello de cereixa lixeira | 871 | 981 | 1599 | 1798 |
Roxo-laranxa | 982 | 1092 | 1799 | 1998 |
Amarelo | 1093 | 1258 | 1999 | 2296 |
Branco amarelo | 1259 | 1314 | 2297 | 2397 |
Branco | 1315+ | 2397+ |
Stirling
[editar | editar a fonte]En 1905, a Stirling Consolidated Boiler Company publicou un conxunto de valores lixeiramente diferente: [5]
Cor | Temperatura [°C] | Temperatura [°F] |
---|---|---|
Vermello: Xusto visíbel | 977 °F (525 °C) | |
Vermello atenuado | 1 290 °F (699 °C) | |
Vermello de cereixa atenuado | 1 470 °F (800 °C) | |
Vermello de cereixa pleno | 1 650 °F (900 °C) | |
Vermello de cereixa claro | 1 830 °F (1 000 °C) | |
Roxo - Laranxa profundo | 2 010 °F (1 100 °C) | |
Roxo - Laranxa claro | 2 190 °F (1 200 °C) | |
Calor branca | 2 370 °F (1 300 °C) | |
Branco brillante | 2 550 °F (1 400 °C) | |
Branco cegador | 2 730 °F (1 500 °C) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Termo "roxo" nos dicionarios históricos do galego. "Dise auga roxa á agua a ferver. É transposición ou sinestesia popular da cor roxa do metal en fusión á sensación de calor".".
- ↑ "Sobre o uso de "roxo" en portugués no século XVI".
- ↑ Chapman, W. A. J. (1972). Elsevier Butterworth-Heinemann, ed. Workshop Technology, Part 1 (5ª ed.). ISBN 978-0713132694.
- ↑ Visto a luz ténue.
- ↑ Stirling, a book on steam for Engineers. 1905. p. 50. ASIN B006RXDG3W.