Rugby Europe Championship 2017
En 2017 disputouse a edición inaugural do Rugby Europe Championship, o principal torneo de seleccións de rugby do continente europeo tralo Torneo das Seis Nacións. Este "Seis Nacións B" organizado por Rugby Europe é o campionato herdeiro da European Nations Cup disputada até 2016.
Participaron nesta edición do torneo as seleccións de Xeorxia, Romanía, Rusia, España, Alemaña e Bélxica.
Táboa
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Selección | Puntos | PX | PG | PE | PP | Bonus | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Romanía | 19 | 5 | 4 | 0 | 1 | 3 | ||||||||
2 | Xeorxia | 19 | 5 | 4 | 0 | 1 | 3 | ||||||||
3 | España | 13 | 5 | 3 | 0 | 2 | 1 | ||||||||
4 | Rusia | 9 | 5 | 2 | 0 | 3 | 1 | ||||||||
5 | Alemaña | 8 | 5 | 2 | 0 | 3 | 0 | ||||||||
6 | Bélxica | 2 | 5 | 0 | 0 | 5 | 2 | ||||||||
A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos. Os puntos bonus acádanse anotando tres ensaios máis que o rival, ou perdendo por sete puntos ou menos. |
Resultados
[editar | editar a fonte]Clasificación para a Copa do Mundo
[editar | editar a fonte]A suma dos resultados da edición 2017 e da edición 2018 do Rugby Europe Championship, excluíndo os de Xeorxia, contan como torneo clasificatorio para a Copa do Mundo de Rugby 2019 que terá lugar no Xapón. Non se teñen en conta os resultados da selección xeorxiana por estar xa clasificada. Tralo remate da edición 2018 o primeiro equipo irá directamente á Copa do Mundo, e o segundo equipo aínda terá unha segunda oportunidade para clasificarse na repesca.