Rupia de Mauricio
Rupia de Mauricio | |
---|---|
Mauritian rupee (inglés) Roupie mauricienne (francés) | |
Código: | MUR |
Ámbito: | Mauricio |
Símbolo: | ₨[1] ou Mau ₨ |
Fracción: | 100 (cents) |
Moedas: | 1, 5, 10 e 20 ₨ |
Billetes: | 25, 50, 100, 200, 500, 1000, 2000 ₨ |
Emisor: | Banco de Mauricio |
Taxa de troco: 03-09-2011 | 1 EUR = 39,7859 MUR 1 USD = 27,9995 MUR |
A rupia de Mauricio (en inglés Mauritian rupee, en francés roupie mauricienne, e en crioulo mauriciano roupi morisyen) é a moeda oficial de Mauricio. O seu código ISO é MUR e adoita abreviarse como Rs, o Mau Rs para diferenciala doutros tipos de rupia. Cada rupia divídese en 100 céntimos (cents / centimes / santim), fracción que actualmente xa non circula.
Historia
[editar | editar a fonte]A rupia foi instaurada por lei en 1876 como moeda local de Mauricio. A rupio foi elixida a causa da masiva circulación de rupias indias que comportou a inmigración de cidadáns indios a Mauricio. A moeda foi adoptada en 1877 en substitución da rupia india, a libra esterlina e o dólar de Mauricio, moedes anteriormente en circulación na illa. Ao troco, a rupia de Mauricio equivalía á rupia india e valía medio dólar de Mauricio, mentres que a libra se canviaba a 10 1⁄4 rupias.
Contra o ano 1934, a rupia de Mauricio tiña un troco fixo respecto á rupia india, mais a diferenza desta, a moeda de Mauricio xa era unha moeda decimal dende o principio. A rupia de Mauricio tamén circulou en Seychelles ata 1914, ano no que foi substituída pola rupia das Seychelles en termos de paridade (1=1).
Moedas
[editar | editar a fonte]As primeiras moedas actualmente en circulación foron cuñadas en 1987, esta serie comprendía os valores de 1, 5 e 20 cents ademais de 1/2, 1 e 5 Rupias, estas moedas foron substituíndo progresivamente á anterior serie emitida co busto de Isabel II. Nas emisións máis recentes, as moedas de 1 cent deixaron cuñarse e introducíronse novos valores de 10 e 20 rupias nos anos 1997 e 2007 respectivamente.
Denominación | Circula dende | Forma | Metal | Diámetro | Canto | Deseño no anverso | Deseño no reverso | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anel | Centro | |||||||
1 Cent | 1987 | Circular | Cobre | - | - | Sir Seewoosagur R. | Valor facial | |
5 Cent | 1987 | Circular | Cobre | - | - | Sir Seewoosagur R. | Valor facial | |
20 Cents | 1987 | Circular | Níquel | - | - | Sir Seewoosagur R. | Valor facial | |
1/2 Rupia | 1987 | Circular | Níquel | 25 mm | Estriado | Sir Seewoosagur R. | Escudo e facial | |
1 Rupia | 1987 | Circular | Níquel | 27 mm | Estriado | Sir Seewoosagur R. | Escudo e facial | |
5 Rupias | 1987 | Circular | Níquel | 31 mm | - | Sir Seewoosagur R. | Valor facial | |
10 Rupias | 1997 | Heptagonal | Níquel | 28 mm | Liso | Sir Seewoosagur R. | Valor facial | |
20 Rupias | 2007 | Circular | Latón | Níquel | 28 mm | Estriado | Sir Seewoosagur R. | Valor facial |
As moedas de 20 Rupias do 2007, son o último facial emitido polo Banco de Mauricio, a moeda é bimetálica.
Billetes
[editar | editar a fonte]Actualmente hai en circulación billetes de 25, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 2.000 rupias.
Denominación | Anverso | Reverso |
---|---|---|
25 rupias | Sir Moilin Jean Ah-Chuen | Rodrigues |
50 rupias | Mr Joseph Maurice Paturau | Le Caudan |
100 rupias | Mr Renganaden Seeneevassen | Court House |
200 rupias | Sir Abdool Razack Mohamed | Mercado de Mauricio |
500 rupias | Mr Sookdeo Bissoondoyal | Universidade de Mauricio |
1000 rupias | Sir Charles Gaëtan Duval | State House |
2000 rupias | Sir Seewoosagur Ramgoolam | Touro e cana de azucre |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bank of Mauritius Arquivado 28 de decembro de 2006 en Wayback Machine.. Accessed 25 Feb 2011.